venres, 22 de xuño de 2018

CAMPAÑA DE SINATURAS- XUNTA DE GALICIA

Coa tristeza e a indignación de ter chegado ao segundo ano do peche de fronteiras e o acordo  con Turquía,  a Rederefuxiadas considera inadmisible que o Goberno de España siga violando os Dereitos Humanos e  incumplindo a lexislación internacional,  vulnerando 
a Carta Internacional de Dereitos Humanos, 
a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, 
o Convenio Europeo de Dereitos humanos 
a Convención de Ginebra para os Refuxiados, 
así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo.

Tomando como referencia o marco normativo internacional e co obxectivo de garantir o dereito ao asilo, recollido no artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o goberno da Xunta ten que levar a cabo políticas concretas no marco das súas competencias, debe esixir ao Goberno Español que deixe de violar a lexislación internacional e debe resolver en coordinación co Goberno Central os problemas xenerados polo estrepitoso fracaso do programa estatal de integración e acollida.

Esiximos ao Presidente da Xunta , D.  Alberto Nuñez Feijoo , que o Goberno Galego tome medidas inmediatas que xa se presentaron por rexistro, e arrancamos unha campaña de recollida de sinaturas coa esperanza de que a presión social consiga finalmente que as cousas cambien.

-APOIA COA TUA SINATURA AQUÍ
-Acceso ao documento presentado por rexistro aquí
-Texto introducido por rexistro:


Ilmo.Sr. Presidente da Xunta de Galicia.
D.Alberto Nuñez Feijoo
Xunta de Galicia
Presidencia. Edificio de San Caetano, s/n
Santiago de Compostela



Prezado Sr.Presidente da Xunta de Galicia,
Dña. Isabel Rey Sastre, con DNI 33.295.763C escribe en representación da Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas, coa intención de esixir a Xunta de Galicia que realice accións inmediatas para resolver a terrible situación que seguen a vivir as persoas refuxiadas, destacando as seguintes razóns que xustifican a urxencia destas medidas.

Falar de acollida é falar de dereitos. En virtude do dereito internacional humanitario, as autoridades teñen obriga de protexer ás persoas que foxen dos conflitos, violencia, fame ou violacións. Conflitos que, en demasiadas ocasións, teñen que ver con venta de armas españolas e / ou políticas dos países europeos.

Tomando como referencia o marco normativo internacional e co obxectivo de garantir o dereito ao asilo, recollido no artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o goberno da Xunta ten que levar a cabo políticas concretas no marco das súas competencias:


-Unha moción non de lei do Parlamento de Galicia instando ao Consello de Ministros para que active o Real Decreto 1325/2003, de 24 de outubro, polo que aproba o Reglamento sobre o Réxime de Protección Temporal no caso de afluencia masiva de persoas desprazadas. 

-Instar ao Goberno do Estado as dúas decisións de obrigado cumprimento segundo o artigo 288 TFUE, referentes ao acordo de reubicación de 160.000 persoas solicitantes de asilo (Decisión (UE) 2015/1523 e Decisión (UE) 201 511 521).

.Aprobar no Parlamento de Galicia unha declaración oficial de posicionamento en relación á necesidad de establecer vías legais e seguras para persoas que se ven na obriga de fuxir dos seus países.

-Establecer unha comunicación regular entre os diferentes niveis da administración responsables dos diferentes ámbitos que afectan ás persoas refuxiadas e migrantes; e aumentar o apoio ás entidades especializadas.

-Definir que apoio, que servizos e que infraestruturas pode ofrecer a Comunidade Autónoma de Galicia para acoller ás persoas solicitantes de protección internacional, e facelo efectivo.

-Levar a cabo campañas de información á poboación en xeral para que coñezan a realidade e as necesidades das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo e protección internacional. 

- Elaborar e aplicar planes de formación en materias de protección internacional, asilo, atención ás persoas migrantes, para os profesionais que traballan con estas persoas (servizos sociais, policía local, oficinas de atención cidadá, educadores, etc.).

         O sistema galego de acollida e integración está fracasando por ser un marco temporal manifestamente insuficiente (18 meses ampliable a 24 meses). Así mesmo non hai unha transición efectiva entre as distintas fases do SAI e non se conseguen os obxectivos. Unha vez rematado o prazo, hai un abandono institucional a estas persoas e un período crítico sen axudas (pois o acceso á RISGA ou outras axudas leva uns meses a partir de non ter ingresos). Fan falta programas complementarios ao SAI e unha supervisión directa desde a Xunta de Galicia sobre esas familias ANTES de que rematen o SAI

En referencia á asistencia sanitaria, vivenda, educación, formación e traballo:

-Cambiar a normativa ou lexislación necesaria para garantir a asistencia sanitaria e a disposición de medicamentos de todas as persoas refuxiadas e migrantes.

- Estender e adaptar a asistencia médica e psicológica para atender as situacións de sufrimentos psicolóxico e mental das persoas migrantes e solicitantes de protección internacional (vítimas de tortura, abuso sexual, tráfico de personas ou algún outro tipo de violencia).

-Priorizar o dereito a vivir en familia nunha vivenda. Lexislar para que os pisos baleiros que pertencen a entidades bancarias ou entidades de inversión, se transformen en vivendas de aluguer social. Tomar medidas para facilitar o aluguer ou compra das persoas migrantes e refuxiadas (axudas, avais,  sistemas de propiedade compartida, etc).

-Eliminar as trabas legais e burocráticas de acceso á formación e á educación. Aplicar a normativa laboral por igual a toda a cidadanía Todos os nenos teñen dereito á educación teñan ou non DNI as súas familias, eliminar as trabas para acceder ás axudas escolares ou de libros pola insuficiente información enviada aos centros escolares sobre o cambio de normativa, que fai que moitos dos funcionarios desconozcan que teñen dereito e non informen ás familias nin as tramiten.
- Aumentar os recursos de apoio educativo ás persoas migrantes e refuxiadas.  Establecer mecanismos de recoñecemento da bagaxe formativa que traen (homologación de títulos, exames de acreditación, etc).

-Aplicar a normativa laboral por igual a toda a cidadanía. Eliminar as trabas para a contratación de estranxeiros. Aumentar as inspeccións laborais para garantir os dereitos dos traballadores. Promover o acceso a un traballo digno. Establecer mecanismos de recoñecemento da experiencia laboral.


Agardando que poidan con urxencia tomar estas medidas e agradecendo de antemán a súa colaboración , despídese atentamente,