domingo, 24 de xuño de 2018

A UE PLANEA IMPLANTAR CIES POR EUROPA

Os CIES son cárceres onde violanse os Dereitos Humanos, encerrando a Refuxiados con dereito a Asilo en sitios onde se son incomunicados e se lles negan os seus Dereitos. Nos CIES os funcionarios que traballan no interior van armados, cosa que non pasa en ningunha cárcere española. Se está encerrando a persoas que non cometeron  delito ningún, violando a Lexislación Internacional.
máis información aquí

ESIXAMOS ao Ministro de interior que España elimine os CIES -FIRMA AQUÍ

- ESIXAMOS ao Presidente Pedro Sanchez que España no apoie a proposta de Francia-  FIRMA AQUÍ 



Tras a informal reunión dos dirixentes da UE onte Domingo en Bruselas, Pedro Sanchez realizou as seguintes declaracions:

En canto á proposta que España comparte con Francia e Alemania para crear centros controlados en países da UE nos que desembarquen os inmigrantes, señaló que está moi ligada ao sistema que xa existe en España.
Neste sentido explicou que cando os inmigrantes chegan a España se lles prestalatención humanitaria en primera instancia e posteriormente se procede a xestionar o asilo para os que teñan dereito a elo, mentres que o resto vai aos centros de internamiento temporal e. a partir de ahí, o importante son os retornos.
Para o presidente do Gobierno español a "gran novidade" respecto ao que ocurre en España sería, se prospera esa proposta, que Europa se incorporaría á xestión e financiación dese sistema.

ver artículo -Diario de Sevilla


sábado, 23 de xuño de 2018

COMENZAMOS A CAMPAÑA-NON NO NOSO NOME!

Comenzamos con ilusión a campaña NON NO NOSO NOME con motivo do Dia Mundial das persoas Refuxiadas, celebrado o pasado día 20 de Xuño.

Animádevos a asinar con nós a campaña de sinaturas aquí



VIDEOS DA CAMPAÑA:



NON NO NOSO NOME- O que están a facer os nosos Gobernos 
2,14 min


O NOSO NOME- A lexislación Internacional que incumplen os nosos gobernos 
1,38min


venres, 22 de xuño de 2018

CAMPAÑA DE SINATURAS- XUNTA DE GALICIA

Coa tristeza e a indignación de ter chegado ao segundo ano do peche de fronteiras e o acordo  con Turquía,  a Rederefuxiadas considera inadmisible que o Goberno de España siga violando os Dereitos Humanos e  incumplindo a lexislación internacional,  vulnerando 
a Carta Internacional de Dereitos Humanos, 
a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, 
o Convenio Europeo de Dereitos humanos 
a Convención de Ginebra para os Refuxiados, 
así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo.

Tomando como referencia o marco normativo internacional e co obxectivo de garantir o dereito ao asilo, recollido no artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o goberno da Xunta ten que levar a cabo políticas concretas no marco das súas competencias, debe esixir ao Goberno Español que deixe de violar a lexislación internacional e debe resolver en coordinación co Goberno Central os problemas xenerados polo estrepitoso fracaso do programa estatal de integración e acollida.

Esiximos ao Presidente da Xunta , D.  Alberto Nuñez Feijoo , que o Goberno Galego tome medidas inmediatas que xa se presentaron por rexistro, e arrancamos unha campaña de recollida de sinaturas coa esperanza de que a presión social consiga finalmente que as cousas cambien.

-APOIA COA TUA SINATURA AQUÍ
-Acceso ao documento presentado por rexistro aquí
-Texto introducido por rexistro:


Ilmo.Sr. Presidente da Xunta de Galicia.
D.Alberto Nuñez Feijoo
Xunta de Galicia
Presidencia. Edificio de San Caetano, s/n
Santiago de Compostela



Prezado Sr.Presidente da Xunta de Galicia,
Dña. Isabel Rey Sastre, con DNI 33.295.763C escribe en representación da Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas, coa intención de esixir a Xunta de Galicia que realice accións inmediatas para resolver a terrible situación que seguen a vivir as persoas refuxiadas, destacando as seguintes razóns que xustifican a urxencia destas medidas.

Falar de acollida é falar de dereitos. En virtude do dereito internacional humanitario, as autoridades teñen obriga de protexer ás persoas que foxen dos conflitos, violencia, fame ou violacións. Conflitos que, en demasiadas ocasións, teñen que ver con venta de armas españolas e / ou políticas dos países europeos.

Tomando como referencia o marco normativo internacional e co obxectivo de garantir o dereito ao asilo, recollido no artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o goberno da Xunta ten que levar a cabo políticas concretas no marco das súas competencias:


-Unha moción non de lei do Parlamento de Galicia instando ao Consello de Ministros para que active o Real Decreto 1325/2003, de 24 de outubro, polo que aproba o Reglamento sobre o Réxime de Protección Temporal no caso de afluencia masiva de persoas desprazadas. 

-Instar ao Goberno do Estado as dúas decisións de obrigado cumprimento segundo o artigo 288 TFUE, referentes ao acordo de reubicación de 160.000 persoas solicitantes de asilo (Decisión (UE) 2015/1523 e Decisión (UE) 201 511 521).

.Aprobar no Parlamento de Galicia unha declaración oficial de posicionamento en relación á necesidad de establecer vías legais e seguras para persoas que se ven na obriga de fuxir dos seus países.

-Establecer unha comunicación regular entre os diferentes niveis da administración responsables dos diferentes ámbitos que afectan ás persoas refuxiadas e migrantes; e aumentar o apoio ás entidades especializadas.

-Definir que apoio, que servizos e que infraestruturas pode ofrecer a Comunidade Autónoma de Galicia para acoller ás persoas solicitantes de protección internacional, e facelo efectivo.

-Levar a cabo campañas de información á poboación en xeral para que coñezan a realidade e as necesidades das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo e protección internacional. 

- Elaborar e aplicar planes de formación en materias de protección internacional, asilo, atención ás persoas migrantes, para os profesionais que traballan con estas persoas (servizos sociais, policía local, oficinas de atención cidadá, educadores, etc.).

         O sistema galego de acollida e integración está fracasando por ser un marco temporal manifestamente insuficiente (18 meses ampliable a 24 meses). Así mesmo non hai unha transición efectiva entre as distintas fases do SAI e non se conseguen os obxectivos. Unha vez rematado o prazo, hai un abandono institucional a estas persoas e un período crítico sen axudas (pois o acceso á RISGA ou outras axudas leva uns meses a partir de non ter ingresos). Fan falta programas complementarios ao SAI e unha supervisión directa desde a Xunta de Galicia sobre esas familias ANTES de que rematen o SAI

En referencia á asistencia sanitaria, vivenda, educación, formación e traballo:

-Cambiar a normativa ou lexislación necesaria para garantir a asistencia sanitaria e a disposición de medicamentos de todas as persoas refuxiadas e migrantes.

- Estender e adaptar a asistencia médica e psicológica para atender as situacións de sufrimentos psicolóxico e mental das persoas migrantes e solicitantes de protección internacional (vítimas de tortura, abuso sexual, tráfico de personas ou algún outro tipo de violencia).

-Priorizar o dereito a vivir en familia nunha vivenda. Lexislar para que os pisos baleiros que pertencen a entidades bancarias ou entidades de inversión, se transformen en vivendas de aluguer social. Tomar medidas para facilitar o aluguer ou compra das persoas migrantes e refuxiadas (axudas, avais,  sistemas de propiedade compartida, etc).

-Eliminar as trabas legais e burocráticas de acceso á formación e á educación. Aplicar a normativa laboral por igual a toda a cidadanía Todos os nenos teñen dereito á educación teñan ou non DNI as súas familias, eliminar as trabas para acceder ás axudas escolares ou de libros pola insuficiente información enviada aos centros escolares sobre o cambio de normativa, que fai que moitos dos funcionarios desconozcan que teñen dereito e non informen ás familias nin as tramiten.
- Aumentar os recursos de apoio educativo ás persoas migrantes e refuxiadas.  Establecer mecanismos de recoñecemento da bagaxe formativa que traen (homologación de títulos, exames de acreditación, etc).

-Aplicar a normativa laboral por igual a toda a cidadanía. Eliminar as trabas para a contratación de estranxeiros. Aumentar as inspeccións laborais para garantir os dereitos dos traballadores. Promover o acceso a un traballo digno. Establecer mecanismos de recoñecemento da experiencia laboral.


Agardando que poidan con urxencia tomar estas medidas e agradecendo de antemán a súa colaboración , despídese atentamente,

CAMPAÑA DE SINATURAS -CONCELLOS

Coa tristeza e a indignación de ter chegado ao segundo ano do peche de fronteiras e o acordo  con Turquía, a Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas considera arranca unhas campañas de recollida de sinaturas e movilizacións de protesta e denuncia , coa esperanza de que a presión social consiga finalmente que os Gobernos de España e Europa deixen de violar os Dereitos Humanos e de incumplir a lexislación internacional,  vulnerando 
a Carta Internacional de Dereitos Humanos, 
a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, 
o Convenio Europeo de Dereitos humanos 
a Convención de Ginebra para os Refuxiados, 
así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo.

Consideramos que os Concellos poden facer máis presión sobre os Gobernos e tamén tomar medidas concretas para resolver problemas de acollida cos poucos refuxiados que conseguiron chegar, ante o estrepitoso fracaso do Sistema de Integración e Acollida estatal.

A intención e esixir ás distintas corporaciones a toma destas medidas inmediatas, podes axudarnos presentando o escrito no teu concello, acceso ao modelo de documentos:

- borrador en castelán- en base ao de Volem Acoller  aquí
-borrador en galego- modelo presentado en Santiago de Compostela-aquí

Esiximos aos Concellos tome medidas inmediatas que xa se presentaron por rexistro, e arrancamos unha campaña de recollida de sinaturas 
coa esperanza de que a presión social consiga finalmente que as cousas cambien.

LISTADO DE CONCELLOS:

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:
         -APOIA COA TUA SINATURA AQUÍ
           -Acceso ao documento introducido por rexistro aquí


Texto do documento introducido por rexistro



Ilmo.Sr. Alcalde. D. Martiño Noriega
Concello de Santiago de Compostela
Pazo de Raxoi s/n
Praza do Obradoiro
Santiago de Compostela

20-6-18





Prezado Sr. Alcalde,
Dña. Isabel Rey Sastre, con DNI 33.295.763C escribe en representación da Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas, coa intención de esixir ao Concello de Santiago de Compostela que realice accións inmediatas para resolver a terrible situación que seguen a vivir as persoas refuxiadas, destacando as seguintes razóns que xustifican a urxencia destas medidas:

- O Mar Mediterráneo e as fronteiras  europeas son fosas comúns nas que milleiros de persoas perden as súas  vidas.
- As fronteiras están militarizandose e vulnéranse os dereitos humanos cada día.
- Calcúlase a desaparición de polo menos 10.000 menores refuxiados en territorio europeo a mans de redes de trata .
- Constatamos con fonda tristura o peche de fronteiras mediante a construción “express” de vallas de arame, para evitar o tránsito de persoas desesperadas.
- Centos de miles de persoas permanecen atrapadas en campos de concentracion debido ao peche de fronteiras e a inxustificable lentitude no proceso de reubicación.
- O intolerable establecemento de cupos para a acollida de persoas, que é unha violación dos Dereitos Humanos. Eses cupos miserables ademais non se cumpriron. O Estado Español en dous anos só acolleu a 2782 (dato de marzo de 18)refuxiados de máis de 6.500.000 persoas que fuxiron da morte pola guerra de Siria, e que segundo as leis internacionais, teñen dereito a pedir asilo
- A implementación de acordos  como o asinado en marzo de 2016 con Turquía que aproba a expulsión das persoas que chegan a Grecia, vulnera a Carta Internacional de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, o Convenio Europeo de Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra para as persoas Refuxiadas, así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo. É inmoral e tamén ilegal,  a súa aplicación supón un risco para a vida das persoas.
Ademais, o Acordo utiliza ás persoas refuxiadas como moeda de cambio respondendo a intereses económicos e xeoestratéxicos e non á protección á que legalmente tanto a UE como Turquía están obrigadas a garantir. Facer das persoas refuxiadas unha mercadoría para o intercambio económico é inhumano, ilegal e intolerable.
- O Acordo da Vergonza xunto coas medidas adoptadas unilateralmente polos estados membros que dificultan ou impiden a entrada no seu territorio das persoas solicitantes de asilo, obrigan ás persoas a fuxir da morte a través de vías máis perigosas e custosas como a do Mediterráneo Central, a máis mortal do mundo.
- Por último indicar que as situacións de guerra, morte e miseria que viven moitos países do Mundo veñen  provocadas  pola propia política exterior dos países da UE e do chamado “Mundo Occidental”.

Consideramos que hai razóns suficientes para cualificar como unha absoluta vergonza as accións da Unión Europea e do Goberno de España, pois as súas respostas fronte ás  persoas migrantes e refuxiadas, sepáranse cada vez máis dos seus valores fundacionais, e atentan contra os dereitos de millóns de persoas.

E polo tanto solicítase:
- Que o Concello de Santiago de Compostela esixa ao goberno central do Estado Español que cumpra os compromisos de acollida de persoas refuxiadas que remataron o pasado día 26 de setembro.
- Que o Concello de Santiago de Compostela esixa ao goberno central do Estado Español que faga os trámites necesarios para que a UE derogue os acordos internacionais que incumpran a lexislación internacional e os Dereitos Humanos, como o que a UE asinou en Marzo de 2016 con Turquía.
- Que o Concello de Santiago de Compostela esixa ao goberno central do Estado Español que as políticas de inmigración e refuxio do Estado Español e do resto de estados membros da UE cumpran cos dereitos humanos e co resto de convenios internacionais que actualmente están a incumprir, arriba reseñados.
- Que o Concello de Santiago de Compostela traslade á Fundación Princesa de Asturias a retirada do Premio da Concordia á Unión Europea na súa última edición, e solicite polo tanto a modificación do seu regulamento para que sexa posible a retirada a posteriori do mesmo.

-Que o Concello de Santiago de Compostela reafirme os seus compromisos de acollida de persoas refuxiadas e o seu compromiso de poñer a disposición das mesmas os recursos precisos para  unha acollida digna e polo tanto garantir:

     -O empadroamento subsidiario en dependencias municipais para as persoas inmigrantes ou refuxiadas que non teñan un domicilio, e axilizar os trámites aos que xa o solicitaron.

         -Incremento e posta a disposición das persoas migrantes e refuxiadas dos recursos existentes para o conxunto das persoas en situación de pobreza   e/ou exclusión: recursos sanitarios e psicolóxicos, de reforzo escolar e          educación inclusiva plena, de tradución, de integración e mediación, de mediación na homologación da formación.

         -A posta en marcha de programas de formación específicos dirixidos ao persoal das administracións públicas que atenden en distintos servizos a persoas migrantes e refuxiadas.



         -A posta en marcha dunha Ventanilla única para as persoas inmigrantes ou refuxiadas: que o Concello asuma as tarefas de interlocución entre as administracións estatal, autonómica e local, así como a interlocución con empresas dirixida á obtención de traballo digno. Con especial importancia sobre a información sobre o Programa galego de protección social da saúde pública.

         -Que se garanta o acceso a unha vivenda digna de cada unidade familiar, prestándose como avalista o Concello no caso de que fose necesario.
         -Realización dun acto público en recoñecemento das persoas que perderon a vida nas nosas fronteiras e declaración do día 20 de Xuño ‘Dia Mundial das persoas refuxiadas’ como un día sinalado no calendario do Concello para homenaxear a estas persoas e reclamar o cumprimento dos seus Dereitos  CAMBIAR POR tomar medidas políticas que vaian avanzando na garantía dos dereitos das persoas refuxiadas e migrantes. Aproveitar esta data para facer un traballo de concienciación á cidadanía no mes de xuño.

Agardando que poidan con urxencia tomar estas medidas e agradecendo de antemán a súa colaboración , despídese atentamente,






Isabel Rey






CAMPAÑA DE SINATURAS - MINISTERIO DO INTERIOR

Coa tristeza e a indignación de ter chegado ao segundo ano do peche de fronteiras e o acordo  con Turquía,  a Rederefuxiadas considera inadmisible que o Goberno de España siga violando os Dereitos Humanos e  incumplindo a lexislación internacional,  vulnerando 
a Carta Internacional de Dereitos Humanos, 
a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, 
o Convenio Europeo de Dereitos humanos 
a Convención de Ginebra para os Refuxiados, 
así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo.

Esiximos ao Ministro de Interior, D. Fernando Grande Marlasca que tome medidas inmediatas que xa se presentaron por rexistro, e arrancamos unha campaña de recollida de sinaturas 
coa esperanza de que a presión social consiga finalmente que as cousas cambien.

APOIA COA TUA SINATURA AQUÍ
Acceso ao documento introducido por rexistro aquí


Este é o texto :
Ilmo Sr. Ministro de Interior
D.Fernando Grande-Marlasca
 Paseo de la Castellana, 5 28046  
Madrid (Madrid) 


20-6-18


Ilmo Sr. Ministro de Interior

Dña Isabel Rey Sastre ,con DNI 33.295.763c,  en representación de la Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, escribe con la intención de exigir la toma inmediata de medidas por parte del Ministerio de Interior para que el Gobierno Español y la Unión Europea dejen de violar los Derechos Humanos y la legislación Internacional.

Hablar de acogida es hablar de derechos. En virtud del derecho internacional humanitario, las autoridades tienen la obligación de proteger a las personas que huyen de los conflictos, violencia, hambre o violaciones. Acoger con dignidad implica el reconocimiento como ciudadanía de pleno derecho, es decir, con acceso a la sanidad, a la educación, al trabajo ya una situación regular. Derecho a migrar, a moverse libremente y a residir donde se escoja.

Tomando como referencia el marco normativo internacional y con el objetivo de garantizar el derecho al asilo, recogido en el artículo 14 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, el gobierno estatal tiene que llevar a cabo de manera urgente políticas concretas en el marco de sus competencias:

  • Aplicar la Disposición Adicional Primera de la Ley de Asilo que protege a los refugiados reasentados.
  • Instar a la UE a activar la Directiva 2001/55 de “protección temporal en caso de afluencia masiva de personas desplazadas”.
  • Reglamento de desarrollo de la Ley 12/2009 de asilo y de la protección subsidiaria.
  • Cumplir sus compromisos de reubicación, reasentamiento y acogida.
  • Agilizar los procesos de solicitud de protección internacional.
  • Derogar la Ley de Extranjería.
  • Facilitar el acceso a la nacionalidad y reconocer es estatus de ciudadano independientemente de este trámite.
  • Eliminar los Centros de Internamiento para Extranjeros (CIE).
  • Derogar la Ley de Seguridad Ciudadana que permite, entre otras cuestiones, las devoluciones en caliente.
  • Poner fin a la situación de vulneración de los derechos humanos en la frontera sur (Ceuta y Melilla) y destinar los recursos económicos y políticos que actualmente se destinan al control y criminalización a garantizar el cumplimiento de los derechos humanos de toda persona migrante. Reconocer a las víctimas de estas políticas criminales.