xoves, 20 de xuño de 2019

COMENZA ACAMPA !!-20xuño- A Coruña


Hoxe comeza ACAMPA en A Coruña , é unha iniciativa cidadana sen fines de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucions  empresas con responsabilidade social.
Ten coma obxetivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito á Refuxio. Promove á participación a a implicación.
Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Profundiza nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

acceso ao programa completo aquí
video 2018 aquí






é unha iniciativa da Plataforma das ONGs,
organizacions e persoas que conforman
Coruña Contra la Guerra
20 ao 23 de Xuño de 2019
Jardines de Méndez Núñez - A Coruña


plano ACAMPA 2019

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS REFUXIADAS- 20 DE XUÑO


domingo, 16 de xuño de 2019

GALA SOLIDARIA "DESTERRADOS"- 16 xuño. Santiago

Gala benéfica en favor de Proactiva Open Arms



O domingo 16 de xuño diversos artistas compartirán o seu traballo de xeito altruísta para “axudar a quen axuda”. O Acto vai ter lugar a partir das 20hs no Teatro Principal de Santiago, será presentado por Carmen Conde e participarán os seguintes artistas: Tato López & Cía, Tanxugueiras, Marcos Teira & Ton Risco (flamenco), Barullo Tango, Konafro (percusión africana) o Coro da Rá, Vero Rilo, Luz Fandiño, Angeles Goás e Avelino González.

Toda a recaudación será destinada a “Proactiva Open Arms”, unha ONG que traballa activamente salvando vidas no Mediterráneo e nos campos de refuxiad@s. A entrada e libre pero se pide unha aportación voluntaria e consciente. Tamén habilitouse unha “fila 0” coa que todo o mundo pode participar nesta causa solidaria ainda que non poida asistir físicamente: ES3714910001293000076060.

A iniciativa xorde do cantautor Tato López, compositor da canción "Desterrados", que desde o comezo tivo a intención de que o seu tema servise para visibilizar o problema d@s desterrad@s e axudar, dalgún modo, a resolvelo. Hai un ano, sumou ao compositor e pianista Alejandro Vargas, que resultou autor dos arranxos.Convocaron tamén a outros músicos e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a canción quedou gravada.
Tato López e colaborador da “Rede Galega de Apoio a Persoas Refuxiadas” e levou a súa proposta unha vez que todo estivo listo. Coa vontade de facer rede e sumar esforzos, contactou co resto de artistas que participan da Gala.

Será unha noite única e máxica pola posibilidade de axudar, e tamén pola xuntanza no escenario de artistas tan diversos. Unha noite tinguida pola música, a palabra e o compromiso con quen nos necesita.

vos esperamos!!




 bota un ollo aos videos de presentación

entrevista a Alejandro Vargas
pianista e escritor 
accede ao video aquí


Ángeles Goas, 
contadora
accede ao video aquí



Máis información e contacto:
Tato López: 617 935 073

Rede Galega de Apoio a Persoas Refuxiadas: 662307019 (Miguel)

SEMANA DA INTEGRACIÓN - 12 ao 21 xuño. Santiago

A Universidade de Santiago de Compostela celebra entre os días 12 e 21 de xuño a Semana da Integración, no marco do proxecto de apoio a persoas refuxiadas UNINTEGRA que coordina o Servizo de Relacións Exteriores da USC. O obxectivo deste proxecto é promover o apoio á integración de persoas refuxiadas proporcionándolles recursos e ferramentas para a súa inclusión e incidindo na sensibilización das comunidades de acollida.
A Semana da Integración arrancou mércores 12 de xuño ás 20:00 horas coa inauguración da Exposición PERSOAS, de Patricia Muñiz e Gabriel Tizón, na Sala de Artesoado do Colexio de Fonseca. A mostra permanecerá aberta desde o 12 de xuño ata o 13 de xullo de 2019.
O xoves 13 tivo lugar a mesa redonda ‘Encontro’, coa participación dunha serie de mulleres que, a través da súa experiencia directa ou de apoio a outras, amosaron a situación da solicitante de asilo e refuxiada, dando visibilidade á súa problemática específica e explorando horizontes de cooperación para a súa integración na sociedade de acollida. Esta actividade, programada para as 19:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, estivo moderada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, María del Mar Lorenzo Moledo. A actividade contou coa participación da presidenta do Grupo Parlamentario Saharaui no Parlamento Africano, Suelma Beiruk; a encargada de SAWT, asociación sirio-galega en pro das persoas refuxiadas sirias en Galicia, Fadile Tibisay, e Katherin A. Belgrave, solicitante de asilo procedente de Venezuela.
Durante a segunda semana do evento, o día 18 de xuño, terán lugar as conferencias ‘Xeopolítica e refuxiados ambientais: un encontro cara ao desastre’ impartida por José Julio Fernández Rodríguez, director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) da USC, e ‘Intervencións sanitarias en rescates de misións humanitarias en Frontex (Axencia Europea de Fronteira e Costas)’ a cargo de Miguel Ángel Iglesias Blanco, capitán enfermeiro da Garda Civil e xefe do Servizo de Asistencia Sanitaria da Comandancia de Lugo.
O elenco de actividades pecharase o venres 21 coa conferencia ‘Haití, terra de loita e vulnerabilidade’, impartida por Ana Isabel Martín, arquitecta especialista en cooperación internacional e colaboradora en diferentes ONGs coma Cruz Vermella e Arquitectura sen Fronteiras, e Michael Salvini, experto en Relacións Internacionais e cooperante na reconstrución de Haití. A este relatorio seguiralle a mesa redonda ‘Desde a realidade’ coa participación engadida de Patricia Muñiz, arquitecta especialista en vivendas para refuxiados e desprazados internos, e Gabriel Tizón, fotógrafo con máis de 20 anos de experiencia reflexando as realidades máis próximas do ser humano. Nesta sesión proxectarase ademais o documental ‘El Sueño Europeo: Serbia’, producido polo xornalista independente, especializado en Dereitos Humanos e realizador Jaime Alekos.
A Sala Numax acollerá tamnén una ciclo de cine, composto tanto por filmes de ficción e documental, todos eles sobra a realidade das persoas refuxiadas.
acceso ao programa completo aquí





I ENCONTRO COAS FAMILIAS REFUXIADAS- 8 xullo -TAPIA ( Concello de Ames)


Asociación de Sirios en Galicia junto coa Asociación Vivo en Ames organizaron o I ENCONTRO COAS FAMILIAS REFUXIADAS en Galicia.

Organizouse a Festa do final do Ramadán ou Eid Firt Said xunto coas familias sirias que veñen xunto a nós dende Lugo da man da ong Diaconía.
O evento foi aberto a todas as persoas que quixeron  achegarse a participar con eles da sua celebración.
Celebrouse na praia fluvial de Tapia desde as 12 da mañá,  con xogos infantils,paiasos,conta contos,música...

noraboa por esta estupenda iniciativa!






CIRCULO DO SILENCIO- 7 XULLO. Santiago de Compostela



Como cada  primeiro noves do mes , quedamos na Praza de Cervantes as 20:00h para lembrar as máis de 35.000 pessoas mortas no Mediterráneo , para chamar a atención sobre como as políticas migratorias de España e a UE seguem violando os Direitos Humanos e a lexislación Internacional, segue matando persoas.


Os Círculos de Silencio comenzaron en Toulouse a finas de 2007 e actualmente reúnen en Francia a unhas 10.000 persoas de distinta procedencia, en máis de 170 cidades unha vez ao mes. Os círculos pretenden reimplementar unha cultura nonviolenta a través dunha acción accesible a todo o mundo, nunha actitud de respeto frente ao que sufre, e coa mirada en minar o apoyo da sociedad a estas leis inxustas.
Se convoca a todas aquelas persoas que ven a necesidades de unirse para enfrentarse a unhas leis que están machacando a dignidade das personas inmigrantes.
Más información sobre os Círculos do Silencio aquí

"PERSOAS" EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os desprazamentos involuntarios da poboación son o exixo condutor da estupenda exposición xa inaugurada en Fonseca. Tratase de fotografías tomadas por Patricia Muñiz e Gabriel Tizón nos últimos quince anos en viaxes que fiestas por Europa, África y Asia. Poderá visitarse ata o 13 de xullo.


más información sobre a expo e a fotografía de Gabriel Tizón aquí