domingo, 27 de xuño de 2021

INAUGURACIÓN E CONCERTO EN SANTIAGO CONTRARRESTAN OS ACTOS VÁNDALICOS DA SEMANA PASADA


Un precioso Concerto da Banda Municipal de Música na Praza das Praterías, e a inauguración da exposición na Alameda, serviron para conmemorar por fin o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, e mostrar a repulsa da sociedade compostelá aos actos vandálicos da semana pasada, clasificados como Delito de Odio e denunciados  ante a Policía Nacional e a Policía Local competente. 



 

A  exposicón consta de 52 paneis de 2  m de alto x 1,5 de ancho , coa lista a tamaño xigante de parte das 44.464 persoas mortas nos perigosos roteiros de migración cara á UE. Estas son as únicas vías que as persoas refuxiadas poden utilizar, xa que para eles temos pechadas ilegalmente as nosas fronteiras e non permitimos que pidan  asilo nas nosas embaixadas, incumprindo a lexislación internacional.

Na listaxe aparece o nome, o lugar de orixe, a idade e o motivo da morte. Pódese comprobar como na súa maioría son mulleres e nenos, e moitas veces familias enteiras. Os datos son de  UNITED, un organismo internacional que os recompila desde distintos países .

O mesmo día da súa montaxe a mostra foi  vandalizada , actos que se repetiron día seguinte. Na actualidade ten vixilancia policial, pois esnaquizaron 20 de 52 paneis polo que  gran parte da mesma tivo que ser feita de novo. Moitos colectivos e cidadáns manifestaron publicamente a súa repulsa a estes feitos.

Finalmente o pasado xoves puido ser inaugurada as 12:30  h coa participación do Sr..Alcalde , D.Xosé Sánchez Bugallo e a Concelleira de Asuntos Sociais, Dna. Milagros Castro. O recoñecemento institucional destas mortes violentas é, sen dúbida, un pequeno acto de xustiza, como tamén o é de recoñecemento da responsabilidade que temos para con cada unha desas persoas, as súas familias e os pobos que as perderon. 




 

O magnífico concerto foi dirixido polo director titular da Banda D.  Casiano Mouriño, e destacou a actuación de Suso Vaamonde como músico solista. Contouse coas medidas necesarias estipuladas pola emerxencia sanitaria e estivo cheo a rebordar . Dentro do programa incluíuse a lectura de dous poemas por parte de dúas persoas  migrantes compostelás e a intervención de Cristina Bandín da   Rederefuxiadas que leu o manifesto co obxectivo de concienciar e visibilizar esta realidade ante  o público asistente. Pódese ler o manifesto aquí debaixo.




 

Desde este colectivo agradécese a colaboración do Concello de Santiago na organización dos eventos e na realización da mostra, coa que se pretende visibilizar a terrible situación que viven millóns de persoas refuxiadas na actualidade. A exposición estará ata o próximo 11 de xullo no Paseo dos Leóns.

 MANIFESTO 20 de XULLO- DIA MUNDIAL DAS PERSOAS REFUXIADAS

O pasado 20 de xuño, con motivo do Día Mundial das PersoasRefuxiadas, a Rede Galega de  ApoioásPersoasRefuxiadassumábasea distintas organizacións e colectivos sociais de todo o estado para denunciar a difícil situación que viven millóns de persoasrefuxiadas no mundo, asícomo as causas que llesobrigan a deixar o seufogar.

Como sabedes,estes días houbo varios ataques á exposición, e gran parte da mesma tivo que ser feita de novo.  Moitas organizacións, partidos políticos, asociación e cidadáns manifestaron a súa repulsa a estesfeitos. E aquí estamos hoxe, non deixando que ninguén empane esta homenaxe e este recoñecemento como sociedade.

Para algúns dos que tivemosxa a oportunidade de visitar a exposición que hoxe se inaugura, o paseo entre os paneis que recollen a morte de máis de 45.000 persoassupuxounha experiencia conmovedora, que non pode deixar de recordar aosmoitosmemoriais que se teñen realizado polas vítimas do holocausto nazi. O recoñecemento institucional desasmortes violentas é, sen dúbida, un pequeno acto de xustiza, como tamén o é de recoñecemento daresponsabilidade que temos para con cada unhadesaspersoas, as súas familias e os pobos que as perderon.

A diferenza, angustiosa, con aquelasvítimas do horror nazi é que,neste caso, as mortes continúan, e a nosaresponsabilidade, tamén.

Cómpre, por tanto, aclarar maximamentecales son as causas que provocaron e seguen a provocar esas mortes, as persoas e institucións que están detrás e, especialmente, as medidas que podemos tomar para evitar que continúen. O contrario estaría máis cerca dun acto de lavado de conciencia, ou mesmo, dun hipócrita lavado de imaxe, que quizais sería mellor non facer.

Sen dúbida, son diversas as causas que poden levar a una persoa a arriscar a súa vida para viraonoso país, pero cando van xa décadas de traxedia e millóns de persoasrefuxiadas, somos bastante conscientes daquelas causas que teñenmáisforza.

As persoas migrantes e refuxiadas que cheganaonoso país veñen habitualmente de zonas ricas en recursos naturais: petróleo, gas, peixe, cobre e madeira, entre outros. Son recursos que usamos a diario os que estamos aquí, e son explotados, moitas veces, por empresas galegas, ou por outrasdo resto de España. Nesas empresas traballantaménmoitosgalegos, que reciben delas un salario, e desas empresas saen parte dos impostos cos que pagamos todo tipo de servizos, e mesmo a exposición que inauguramos hoxe.

Máisaínda, deses países sae a súariqueza fundamental, a das persoas que escapan, e que poñen as súas capacidades aoservizo da nosasociedade …  Alguénimaxina como tería sido a pandemia aquí sen o persoal sanitarioou dos servizosesenciais que véndoutros países?

Está bastante claro que, aínda que o maior beneficio económico das migración acaba nunhaspoucasmans de grandes accionistas, toda a sociedadegalega e a do resto de España, nos beneficiamos dunhainxusta relación de poder. Desde hai, cando menos, cinco séculos.

Máisaínda, a traxedia da inmigración está a ser convertida, polas políticas migratorias da UE e do Goberno español, nunha nova industria, a da seguridade das fronteiras, na que só en España se moven en torno a 1.000 millóns de euros anuais.

Son moitasmáis as causas, pero aquí están probablemente asmáisimportantes, as que as nosas políticas non enfrontan porque afectan ánosa riqueza, e á riqueza dos grandes poderes. Pero as mortesseguen, e non é concibible volver aquí, dentro de 5 anos, a facerunha nova exposición que ocupe o dobre de paneis. Cómpre mudar as políticasque causan as migracións, como cómpre tamén mudar as políticas de estranxeiríamentres as migracións continúan.

A experiencia da pandemia está a supor un punto e aparte nasnosas vidas e unha percepción diferente da realidade. Solidarizámonos contodas aspersoas que a teñen sufrido de preto e con todas aquelas que faleceron. Se algo sabemos é que este virus non coñecefronteirasxeográficas pero, sen dúbida, ten efectos máis graves en persoas en situación de vulnerabilidade. No caso das persoasdesprazadas, migrantes, solicitantes de asilo e/ourefuxiadas, á dificultade de acceder aosdereitos básicos e a unha vida digna, súmase o confinamento en lugares e condicións que non garanten a prevención e a asistencia médica necesaria para afrontar a pandemia. Vivimos tempos en que somos máis conscientes que nunca, da necesidade de refuxio ante a COVID-19. Para quen está lonxe do seufogar, falamos da necesidade de atopar un dobrerefuxio.

O coronavirus ten unha expansión global, polo que a respostatamén debe selo. Isto implica o compromiso de apoioaos países que carecen de medios suficientes de prevención e resposta, especialmente aos que están acollendo a un maior número de persoasrefuxiadas. Non podemos permitir que os dereitos das persoas migrantes e refuxiadas sigan véndose vulnerados. Reflexionemos tamén por queestes países se atopannesta situación.

Por todo o anterior:

·       Denunciamos a externalización das fronteiras, que se faga negocio con elas para as industrias de armamento e seguridade, e se financie a terceiros países para que actúen como porteiros da UE. Avergóñanosdunha UE acusada pola Corte Penal Internacional en La Haya de crimes de lesa humanidade pola súa política de refuxio.

 

·       Denunciamos que se trate de abandonar, deter e criminalizar a quenexerce o dereito a migrar e a tratar de construírunha vida digna. En particular, denunciamos as “devolucións en quente” de moitos dos que conseguen atravesar as fronteiras, aos que se llesnega a posibilidade de solicitar asilo, a asistencia xurídica e a protección a menores e vítimas de trata entre outros.

 

·       Esiximos que se cumpra a legalidade europea e internacional e habilitar vías legais e seguras para que as persoasrefuxiadas non teñan que arriscar a súa vida en perigosas rutas, prestando especial atención á violencia sexual e de xénero e á exercida sobre menores e persoas con discapacidade.

 

·       Esiximos un novo Pacto Europeo para a Migración e o Asilo baseadonaresponsabilidade compartida de tódolos Estados membro, no que se garanta unhaacollidabaseada no respecto aosDereitos Humanos habilitando os orzamentos e recursos que requiren os actuais desafíos.

 

·       Esiximos un compromiso por parte do conxunto de actores políticos e sociais en contra de bulos, mensaxes xenófobas ou discriminatorias cara a poboación migrante e refuxiada.

 

·       É fundamental dar continuidade á igualdade de acceso e non discriminación na atención a tratamentos sanitarios, e que non se poida comprometer o dereito á vida baixoningunha circunstancia.

 

·       Esiximos garantías de acceso aotraballo digno e garantías de acceso inmediato ao ingreso mínimo vital para os gruposmáis vulnerables. O ingreso mínimo vital debe asegurar que cubre ásvítimas de trata, solicitantes de asilo e, en xeral, a familias e persoas migrantes, independentemente da súa situación administrativa.

 

Pero, sobre todo, débense multiplicar as accións políticas para que desaparezan as causas que obriganáspersoas a fuxir dos seus países. Urxe unha actuación decidida e real a favor da democracia e para acabar coa pobreza e as grandes desigualdades sociais existentes no mundo.

Compostela, 24 de xuño de 2021

 

Máis información e contacto-  662307019 ( Miguel Hernández) 669077119 ( Macamen)

COMUNICADO URXENTE- Situación en Ceuta

 Urxente comunicado  do Foro Galego de Inmigración ante a  situación en Ceuta:


NON A MILITARIZACIÓN DA FRONTEIRA SUR

NON AS DEVOLUCIÓNS “EN QUENTE”

NON AO TRATAMENTO RACISTA DA REALIDADE MIGRATORIA.

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN en relación coa situación que se está a producir en Ceuta, denuncia:

1.- A militarización da Fronteira Sur é un feito inédito en relación co tratamento da migración no Estado Español. Non debemos aceptar este gravísimo xiro dado polo goberno español coa utilización do exército para estas actuacións.

2.- Diferentes pronunciamentos do Tribunal Supremo, do Tribunal Constitucional e da UE, consideran ilegal a realización das chamadas “devolucións en quente”, que segue a realizar de forma impune o goberno español (neste caso directamente “televisadas”).Debe cumprirse a Lexislación e os procedementos que ésta establece. Non hai na actualidade nas praias de Ceuta,  interpretes,  avogadas ou organizacións, segundo  establece a normativa, para que as persoas que chegan poidan acollerse, por exemplo, ao dereito de asilo ou de protección internacional

3.- De novo,  queren metérnos medo coas cifras, outra vez falseadas: Marrocos, por mor da Pandemia de Covid 19, ten pechadas as súas fronteiras. Polo que dende hai meses non é posible ese movemento habitual de miles de persoas marroquinas que diariamente acuden a Ceuta a traballar e regresan pola noite. Esas miles de persoas responden en boa medida a estes movimentos habituais nesta cidade fronteiriza. Non se trata de “invasión” algunha.

4.- Esta realidade migratoria habitual, con focalizacións por parte dos medios e dos políticos nos momentos que lles interesa,  non debe xustificar discursos e interpretacións racistas  por parte de grupos políticos e sociais. NON PERMITAMOS ESE DISCURSO DO ODIO QUE ALGÚNS TRATAN DE LANZAR.

 

Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)






FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
www.forogi.wordpress.com

CONCENTRACIÓN- QUE ESTÁ A PASAR EN COLOMBIA- Santiago 8 Maio

O Foro Galego de Inmigración organiza unha concentración ante a grave situación e os terribles feitos que están a ocurrir en Clombia: violación dos Dereitos humanos en manifestacións, militarización das rúas, asesinato de civís, ataques á liberdade de prensa... É moi urxente o apoio internaconal.


Para más información contactar a:

Miguel/Rocío (981-576142/ 662307019)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

https://www.facebook.com/foroinmigra/