domingo, 3 de febreiro de 2019

SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS

A Lei de Estranxeiría mata!
VI Semana de Loita contra as Fronteiras 1 a 3 de febreiro con Flor Brizuela e Sani Ladan

O Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, ODS-Coia,  e Grupo de Axitación Social (GAS)  promovemos a VI Semana de Loita contra as Fronteiras , que comezará  un traballo orientado a promover un cambio na Lei de Estranxeiría, vía Decreto-Lei,   dirixido a eliminar de forma rapida e contundente ,alomenos, os aspectos máis discriminatorios (ós que principalmente conculcan dereitos humanos fundamentais) da actual lexislación, Lei que como demostraremos ao longo dos actos da Semana provoca a morte silenciosa e silenciada de moitas persoas.

ACTOS

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Venres 1 de Febreiro: Casa do Matadoiro, 20:00 h  Palestra: “Lei de Estranxeiría e racismo estrutural” a cargo de Sani Ladan

Sabado 2 de Febreiro:  Casa do Matadoiro, 17:30 h, Conversatorio-Merenda “Mulleres migrante partillando” con Flor Brizuela e mulleres do sector de coidados.

Domingo 3 de Febreiro: CSA A Casa do Sar, 16:30 h, Obradoiro “Descentralizar a ollada e ampliar a visión” a cargo de Flor Brizuela en colaboración con Resistencia en Terra Allea.

VIGO

Venres 1 de Febreiro: Cova dos Ratos, 20:00 h,  Palestra: “Lei de Estranxeiría e racismo estrutural”  a cargo de Flor Brizuela.

A CORUÑA

Sábado 2 de Febreiro: Local da A.VV Agra do Orzán, 18:30 h, Palestra: “Lei de Estranxeiría e racismo estrutural”, a cargo de Sani Ladan

A Semana denuncia  o racismo e a violencia institucional contra as persoas migrantes que supón a Lei de Estranxeiría. Unha lexislación que criminaliza, exclúe, invisibiliza, violenta e, en última instancia, mata. Tal e como denunciaba o ano pasado o Sindicato de Manteros y Lateros de Madrid coa morte deMame Mbaye despois de ser perseguido pola policia. Facíao ao cabo de 12 anos en territorio español sin consegui rregularizar a súa situación administrativa.

Para afondar no impacto da Lei de Estranxeiría sobre os dereitos e liberdade das persoas migrantes, e en xeral para a sociedade, contaremos coa presenza de Sani Ladan (Camerún-Sevilla) e Florencia Brizuela (Arxentina-Barcelona).

Sani Ladan é Mediador Intercultural, especialista en migracións e estudante de Relacións Internacionais na Universidade Loyola Andalucía. É activista polos dereitos humanos e integrante da Asociación Elín (Ceuta).

Florencia Bruizuela é abogada, Máster en Cidadanía e DDHH, Doutora en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade de Barcelona. É activista e traballa con temáticas como os feminismos contrahexemónicos, interculturalidade e interseccionalidade, empregando entre outras ferramentas o Teatro das Oprimidas. É co-autora do libro "Descentrar la mirada para ampliar la visión. Reflexiones en torno a los movimientos sociales desde una perspectiva feminista y antirracista" publicado o ano pasado pola Editorial Descontrol.”

Para máis información: 
Mari Fidalgo (687-368314) Miguel Fernández (662-307019)
Rubén (A Coruña) 607 48 64 82 
Diego (Vigo) 696 618 732


Prégase difusión
- Evento do venres 1 de Sani Ladan: aquí
- Evento do venres 1 de Florencia : aquí
- Evento do sábado 2 de conversatorio/merenda: aquí
- Evento do sábado 2 de Sani Ladan: aquí
- Evento do domingo 3 do obradoiro: aquí


- Link do blogue cos carteis pra descargar e difundir: aquí