xoves, 23 de marzo de 2017

25 de Marzo- NINGUÉN SEN DEREITOS

A rede Galega en apoio ás persoas Refuxiadas súmase a convocatoria de manifestación en apoio ao artigo 25 dos dereitos humanos. Participarán distintos colectivos do ámbito da defensa da Educación, a Sanidade, o Traballo e os dereitos humanos 
O sábado 25 de Marzo sairá as 18:30 do Parlamento Galego, na rúa Horreo de Santiago de Compostela


café-coloquio GALIZA-EUROPA, a crise Europea e d@s refuxiad@s vista dende Galiza

O BNG de Ames convídate ao café-coloquio GALIZA-EUROPA, a crise Europea e d@s refuxiad@s vista dende Galiza,que terá lugar o vindeiro venres 24, ás 20h no Café Ferlós (Praza da Amaía, Bertamiráns-Ames)
Intervirán:

Ana Miranda, portavoz BNG Europa,Felipe Carnotto, fotoxornalista e autor de “A Ruta dos Refuxiados”
María Lalín, xornalista e activista

sábado, 11 de marzo de 2017

ENCONTRO CON DJIBRIL FAYE - Santiago de Compostela

O próximo mércores 15 de marzo, ás 20h, no CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño vai ter lugar un encontro con Djibril Fayé, inmigrante senegalés que chegou hai 10 anos ao noso país. Djibril falaranos da súa experiencia persoal de fuxida do seu país, Senegal, e acollida en Galicia, onde colabora na ONGd Ecos do sur, (www.ecosdosur.org) unha Organización de A Coruña que se dedica á cooperación e integración de persoas migrantes. O encontro está organizado pola Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Compostela, e conta co apoio da Asoc. Veciñal O Castiñeiro e a Asoc. de Mulleres Recandea, do barrio do Castiñeiriño.
A Rede en Apoio a Persoas Refuxiadas está composta por diferentes organizacións, ONG e colectivos que queren visibilizar na nosa cidade o problema humanitario que está a supoñer a mala xestión migratoria da UE e do Estado Español. Con este acto queremos poñer cara e voz ao problema da migración no noso país, resolver dúbidas e disipar prexuízos sobre as persoas migrantes e refuxiadas. Ademais, aproveitaremos o acto para presentar no barrio do Castiñeiriño de Santiago a campaña de recollida de firmas que a Rede está a poñer en marcha para esixir ao goberno que cumpra os compromisos de acollida que ten subscrito ante a UE, e a anulación do acordo entre UE e Turquía así coma tódolos tratados que están a supoñer un risco na garantía de cumprimento da Declaración dos Dereitos Humanos.
Esperamos contar coa vosa presenza para ir derrubando barreiras e prexuízos nas cuestións de migración, asilo e refuxio.

Marisa Vidal Collazo
Tfno 676 180 127
RAPR Santiago




venres, 10 de marzo de 2017

Campaña de recollida de sinaturas 2017

A Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas arranca esta campaña de recollida de sinaturas coa intención de que nos movilicemos de novo para conseguir que remate esta terrible situación, a campaña respalda o manifesto introducido por rexistro o 22-2-17 que pódese leer aquí  demandas rederefuxiadas  . Como primeiro paso inmediato esiximos ao Goberno Español:

- Cumprir inmediatamente os  compromisos de acollida e reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo estado español ante a UE.

-A anulación do acordo entre a UE e Turquía e de todos os tratados que supoñen a vulneración e un risco para a garantía dos dereitos humanos das persoas.

Pódese colaborar de duas maneiras:


1- CAMPAÑA DE SINATURAS ONLINE: pódese asisnar e dar difusión aquí  Rachemos coas fronteiras


2- RECOLLIDA DE SINATURAS FÍSICAS: os materiais se poden baixar neste enlace
materiais para a campaña  
coordinadora- Teresa Vallejo / devallejo@yahoo.es  /630115130
 despois pódense enviar  por correo postal á : Rederefuxiadas. C/Ensinanza 9-2º-15703.Santiago de Compostela, A Coruña.