martes, 19 de setembro de 2017

REMATA O PRAZO- MOBILIZACIÓNS DO 19 ao 30 . Setembro 2017

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca mobilizacións en toda Galicia con motivo do fin de prazo que tiña o Estado Español, no marco dun acordo da Unión Europea, para acoller a 17.337 persoas refuxiadas. En dous anos só acolleu a 1.983 persoas refuxiadas de máis de 5.500.000 persoas vítimas da guerra que tiveron que saír do seu país e piden refuxio.

A CORUÑA- SÁBADO 30- 18:30h.Subdelegación do Goberno 
FERROL.......SÁBADO 30- 11:30h. Praza de Armas

SANTIAGO-CONCENTRACIÓNS AS 20:00H DO 19 ao 26 -PLAZA DO TOURAL Cada día soará unha alarma e leerase un manifesto, contando coa presenza de destacada de actores coma Carlos Blanco e Monti Castiñeiras, o entrenador do Obradoiro Moncho Fernández, a cantante Uxía Senlle, Marilar Aleixandre, os directores de cine Alfonso Zarauza e Fernando Cortizo, e o teólogo Andrés Torres Queiruga. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar

PONTEVEDRA. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
VIGO ..................SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
OURENSE...........SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
CANGAS..............SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar



AS CIFRAS
1.983 persoas. Trátase  dunha cifra miserable, ridícula para as capacidades de acollida dun Estado como o Español, que recibe anualmente máis de 60 millóns de turistas e cun potencial demográfico de máis de 45 millóns de habitantes. É totalmente inxustificable a desidia máis absoluta, a falta de humanidade do goberno español, diante ademais dunha importante resposta solidaria por parte da sociedade civil.


OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN
O impresentable acordo da Unión Europea con Turquía (asinado en marzo do 2016) explica esta situación: os europeos pechamos as nosas fronteiras e enviamos de maneira forzosa á xente para Turquía, a campos de concentración de onde non poden saír. Conseguiuse establecer unha fronteira terrible (un inmenso campo de concentración de persoas) nun país alleo á U.E. e no que as garantías democráticas están seriamente comprometidas.


SOMOS CULPABLES DAS MORTES NO MEDITERRÁNEO
Ese acordo forzou ás persoas a buscar rutas alternativas máis perigosas, conseguindo que milleiros morreran nos últimos dous anos tentando achegarse aos países da Unión Europea, no mar Mediterráneo e noutras fronteiras físicas e burocráticas que mantemos e reforzamos para impedir a acollida destas persoas que foxen da guerra e da morte. Incumprindo e negando un dereito humano fundamental (o do refuxio) por parte de gobernos teoricamente democráticos.
Esas fronteiras que provocan mortes tamén as temos no Estado Español e son responsabilidade dun goberno que ademais, coma outros europeos, orixina as situacións de guerra, morte e miseria coa súa propia política exterior , dos países da U.E. e do chamado “Mundo Occidental”.


A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS leva case dous anos  denunciando esta situación e defendendo a mesma idea: RACHEMOS COAS FRONTEIRAS, NON ÁS GUERRAS. Comprometémonos despois desa data a continuar cunha mobilización social que obrigue ao  noso goberno central e ao resto de gobernos da U.E. a mudar as  súas políticas , a cumprir coas súas obrigas e coa lexislación internacional.


É UNHA CUESTIÓN DE HUMANIDADE, NON PODEMOS CONSENTIR QUE EN ESPAÑA SE INCUMPRAN OS DEREITOS HUMANOS.

  As cousas poden cambiar, colabora como voluntari@ con nós, difunde e participa!
                        mail- rederefuxiadas@gmail.com   T   662.307.019 – 616.871.886