martes, 27 de novembro de 2018

XORNADAS RESISTENCIA EN TERRA ALLEA- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Estupendas xornadas antirracistas en Santiago de Compostela, do 21 ao 15 de Novembro .
Dentro do programa queremos destacar a charla 'Desafiando Fronteiras . Reflexionar  sobre as migracións dende unha perspectiva feminista, do obradoiro Raias Travesseiras e tamén a charla Vivencias migradas con Nour e Anna Diop, de SOS Racismo Galicia.
A nosa noraboa por esta estupenda iniciativa.
Máis info e contacto:
resistenciaenterraallea@gmail.com







sábado, 24 de novembro de 2018

HAYATI ( mi vida)- 9 DECEMBRO - Santiago de Compostela

Desde a Rederefuxiadas queremos apoiar a proposta para que o próximo 9 de Decembro se poida proxectar en Santiago o estupendo documental HAYATI , esta proxección organizase con motivo do Dia Internacional dos Dereitos Humanos a través da plataforma Screenly.

Está programada para as 21:45, necesitamos 34 persoas que reserven para que a proxección se realice. Animádevos a participar!!

para máis información e reservas aquí


SINOPSIS:
¿Qué significa ser refuxiado de guerra do conflicto sirio para unha familia atrapada en Turquía? ¿Cómo seguir adiante coa tua vida cando has tiveches que deixar atrás a tua muller e aos fillos, a  chica coa que estabas a punto de casarte o a profesión poa que tanto tiñas loitado?
“Hayati (mi vida)” é a historia de Ossamah -un dos iconos máis vergonzosos do conflicto por ser víctima dunha zancadilla na frontera de Hungría por parte dunha reporteira de televisión- y da sua familia, nun eterno limbo por conseguir un visado que lles permita seguir coas suas vidas pero que probablemente nunca chegue. Paradóxicamente teñen unha casa, comida e as suas vidas non corren perigo pero todos os sus obxetivos están estancados.  
“Hayati (mi vida)” fala das vidas conxeladas e dos soños que deixamos atrás, unha reflexión sobre a espera e a supervivencia de milleiros de familias sirias que a guerra  arrebatoulles os mellores anos das suas vidas.

TRAILER:aquí

   


xoves, 15 de novembro de 2018

XORNADAS MULLERES E MOVEMENTOS- SANTIAGO 16-17DEC

O venres 16 e o sábado 17 participaremos, grazas a estupenda iniciativa e ao fabuloso traballo de Médicos do Mundo, nas Xornadas MULLERES E MOVEMENTOS, unha revisión feminista do Dereito a Migrar, o Dereito a Asilo e Refuxio.

-Se non podes vir por que tes crianzas lembra que haberá un espazo lúdico‼
-Durante todo o evento haberá testemuñas de mulleres que se moven, ven a escoitalas e anímate a dicirnos por que te moves ti‼


INSCRICIÓN DE BALDE- neste enlace




Visualizar que a historia da humanidade é a historia de persoas que se moven é o punto de partida da campaña de sensibilización, educación e incidencia política de Médicos do Mundo “Personas que se mueven” http://persoasquesemoven.org cuios obxetivos concretos son amosar as fortalezas, loitas e conquistas das persoas migrantes, refuxiadas e defensoras de dereitos humanos nun contexto de vulneración de dereitos fundamentais como é o actual. Mulleres que se moven son as persoas que migran, as que cruzan fronteiras en busca de refuxio, as que se ven na obriga de procurar o seu futuro lonxe do fogar, pero tamén as que se moven por un mundo máis xusto e na defensa dos dereitos humanos, onde as fronteiras non sexan o común amparado pola impunidade.
No marco desta campaña, Médicos do Mundo Galicia organiza os próximos 16 e 17 de Novembro ás xornadas "Mulleres e Movementos, unha revisión feminista do dereito a migrar, o dereito ao asilo e o dereito ao refuxio" na Igrexa da Universidade de Santiago.


A asistencia é de balde e para participar só tes que facilitar os teus datos de contacto.
Agradecemos a difusión!!!! máis info facebook



mércores, 7 de novembro de 2018

JOSÉ PALAZÓN EN GALICIA !


MENORES SEN REFUXIO
‘NON NO NOSO NOME’
DENUNCIANDO COMO A UNIÓN EUROPEA  E O ESTADO ESPAÑOL ESTÁN VIOLANDO OS DEREITOS DE DECENAS DE MILES DE MENORES.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas  promove entre o mércores 7 e o sábado 10 de novembro unha serie de actos e  actividades orientadas a denunciar a terrible violación de Dereitos que sufren decenas de miles de menores na Unión Europea  e tamén  no Estado Español. Nestes actos e actividades contaremos coa participación de:
- José Palazón: máis dunha década de loita polos dereitos dos menores  e dos migrantes en Melilla (PRODEIN). Probablemente a persoa que mellor coñece a realidade dos menores sen refuxio  no Estado Español. Entre os seus premios e recoñecementos salientamos: Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacia de España 2016; Os Premios de Fotografía Sos Racismo do 2016 e 2016; ou o Premio Ortega e Gasset de xornalismo gráfico do ano 2015.

Os Actos e Actividades , coa colaboración de diferentes entidades e asociacións  chegarán a diferentes lugares de Galicia:

Santiago de Compostela
Mercores 7 de Novembro: 19:30 h. Acto público na Praza de Mazarelos: Menores sen Refuxio, Non no noso Nome  con participación de José Palazón.
20:00 H: Charla aberta con José Palazón na Aula 8 da Facultade de Historia .
Nesta actividade contamos coa colaboración da USC.

A Coruña
Xoves 8 de Novembro: 11.30 h: Conferencia de José Palazón  sobre menores sen refuxio  na Facultade de Socioloxía da UDC.
20:00 h: Charla aberta de José Palazón no Centro Fonseca (Rúa Fonseca n.º 8) en colaboración coa ONG Entreculturas.

Mazaricos
Venres 9 de Novembro: 21:00 h: Charla aberta de José Palazón na Casa da Cultura de A Picota  en colaboración co Concello de Mazaricos e a Asociación Egueire.

Pontevedra (en colaboración con Círculo de Silencio de Pontevedra)
Sabado 10 de Novembro:  11:30h charla aberta  de José Palazón na Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Vigo
Sábado 10 de Novembro: 19:00 h: charla aberta de José Palazón  na Parroquía Corazón de María (R. Honduras n.º 7)  en colaboración coa Rede Social Galicia Sur

De forma complementaria haberá intervencións en centros de ensino e proxeccións con coloquio do documental “Os nenos de Calais. A hora da Xustiza” da documentalista e activista británica Sue Clayton, que non puido participar nestes actos por mor dunha inoportuna indisposición. 



MÉRITOS DE JOSÉ PALAZÓN RELACIONADOS CON EL PERIODISMO y DDHH:

·      Premio Pro Asyl de Derechos Humanos en el año 2007
·      Premio Asociación Pro Derechos Humanos de España 2007
·      Premio Periodismo Humano 2013
·      Premio Alandar 2014
·      Premio Generando Arte 2014
·      Premio  Compromiso Afro-Socialista 2015
·      Premio de fotografía SOS Racismo 2015
·      Premio de fotografía Luís Valtueña 2015
·      Premio Ortega y Gasset: Periodismo gráfico 2015
·      Finalista del Concurso Internacional de Fotografía 2015 de La Alliance Francaise en España.
. Finalista del concurso de fotografía Gabriel García Márquez de Periodismo 2015.
·      Premio de fotografía SOS Racismo 2016
·      Premio: Derechos Humanos del Consejo General de la Abogacía 2016