xoves, 15 de novembro de 2018

XORNADAS MULLERES E MOVEMENTOS- SANTIAGO 16-17DEC

O venres 16 e o sábado 17 participaremos, grazas a estupenda iniciativa e ao fabuloso traballo de Médicos do Mundo, nas Xornadas MULLERES E MOVEMENTOS, unha revisión feminista do Dereito a Migrar, o Dereito a Asilo e Refuxio.

-Se non podes vir por que tes crianzas lembra que haberá un espazo lúdico‼
-Durante todo o evento haberá testemuñas de mulleres que se moven, ven a escoitalas e anímate a dicirnos por que te moves ti‼


INSCRICIÓN DE BALDE- neste enlace




Visualizar que a historia da humanidade é a historia de persoas que se moven é o punto de partida da campaña de sensibilización, educación e incidencia política de Médicos do Mundo “Personas que se mueven” http://persoasquesemoven.org cuios obxetivos concretos son amosar as fortalezas, loitas e conquistas das persoas migrantes, refuxiadas e defensoras de dereitos humanos nun contexto de vulneración de dereitos fundamentais como é o actual. Mulleres que se moven son as persoas que migran, as que cruzan fronteiras en busca de refuxio, as que se ven na obriga de procurar o seu futuro lonxe do fogar, pero tamén as que se moven por un mundo máis xusto e na defensa dos dereitos humanos, onde as fronteiras non sexan o común amparado pola impunidade.
No marco desta campaña, Médicos do Mundo Galicia organiza os próximos 16 e 17 de Novembro ás xornadas "Mulleres e Movementos, unha revisión feminista do dereito a migrar, o dereito ao asilo e o dereito ao refuxio" na Igrexa da Universidade de Santiago.


A asistencia é de balde e para participar só tes que facilitar os teus datos de contacto.
Agradecemos a difusión!!!! máis info facebook