mércores, 7 de novembro de 2018

JOSÉ PALAZÓN EN GALICIA !


MENORES SEN REFUXIO
‘NON NO NOSO NOME’
DENUNCIANDO COMO A UNIÓN EUROPEA  E O ESTADO ESPAÑOL ESTÁN VIOLANDO OS DEREITOS DE DECENAS DE MILES DE MENORES.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas  promove entre o mércores 7 e o sábado 10 de novembro unha serie de actos e  actividades orientadas a denunciar a terrible violación de Dereitos que sufren decenas de miles de menores na Unión Europea  e tamén  no Estado Español. Nestes actos e actividades contaremos coa participación de:
- José Palazón: máis dunha década de loita polos dereitos dos menores  e dos migrantes en Melilla (PRODEIN). Probablemente a persoa que mellor coñece a realidade dos menores sen refuxio  no Estado Español. Entre os seus premios e recoñecementos salientamos: Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacia de España 2016; Os Premios de Fotografía Sos Racismo do 2016 e 2016; ou o Premio Ortega e Gasset de xornalismo gráfico do ano 2015.

Os Actos e Actividades , coa colaboración de diferentes entidades e asociacións  chegarán a diferentes lugares de Galicia:

Santiago de Compostela
Mercores 7 de Novembro: 19:30 h. Acto público na Praza de Mazarelos: Menores sen Refuxio, Non no noso Nome  con participación de José Palazón.
20:00 H: Charla aberta con José Palazón na Aula 8 da Facultade de Historia .
Nesta actividade contamos coa colaboración da USC.

A Coruña
Xoves 8 de Novembro: 11.30 h: Conferencia de José Palazón  sobre menores sen refuxio  na Facultade de Socioloxía da UDC.
20:00 h: Charla aberta de José Palazón no Centro Fonseca (Rúa Fonseca n.º 8) en colaboración coa ONG Entreculturas.

Mazaricos
Venres 9 de Novembro: 21:00 h: Charla aberta de José Palazón na Casa da Cultura de A Picota  en colaboración co Concello de Mazaricos e a Asociación Egueire.

Pontevedra (en colaboración con Círculo de Silencio de Pontevedra)
Sabado 10 de Novembro:  11:30h charla aberta  de José Palazón na Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Vigo
Sábado 10 de Novembro: 19:00 h: charla aberta de José Palazón  na Parroquía Corazón de María (R. Honduras n.º 7)  en colaboración coa Rede Social Galicia Sur

De forma complementaria haberá intervencións en centros de ensino e proxeccións con coloquio do documental “Os nenos de Calais. A hora da Xustiza” da documentalista e activista británica Sue Clayton, que non puido participar nestes actos por mor dunha inoportuna indisposición. 



MÉRITOS DE JOSÉ PALAZÓN RELACIONADOS CON EL PERIODISMO y DDHH:

·      Premio Pro Asyl de Derechos Humanos en el año 2007
·      Premio Asociación Pro Derechos Humanos de España 2007
·      Premio Periodismo Humano 2013
·      Premio Alandar 2014
·      Premio Generando Arte 2014
·      Premio  Compromiso Afro-Socialista 2015
·      Premio de fotografía SOS Racismo 2015
·      Premio de fotografía Luís Valtueña 2015
·      Premio Ortega y Gasset: Periodismo gráfico 2015
·      Finalista del Concurso Internacional de Fotografía 2015 de La Alliance Francaise en España.
. Finalista del concurso de fotografía Gabriel García Márquez de Periodismo 2015.
·      Premio de fotografía SOS Racismo 2016
·      Premio: Derechos Humanos del Consejo General de la Abogacía 2016