sábado, 24 de febreiro de 2018

URXENTE CAMPAÑA SOLIDARIA

Solicitamos colaboración e difusión para a campaña de Solidaridade con dúas familias de refuxiados Sirios en Galicia.

Temos contacto con estas dúas familias sque están en Sarria e en Lugo, o programa da administración foi un fracaso, delegou na Cruz Vermella, sen inserción de ningún tipo, reducíuse a 18 meses, e neste tempo non recibiron cursos de Español, non lles resolveron cosas básicas coma o carnet de familia numerosa e teñen a súa documentación todavía en árabe, polo que teñen problemas .
Ao rematar o programa quedaron na rúa e sen traballo, nun caso con 3 fillos e noutro con 4 fillos e un deles discapacitado.

Urxe cubrir as necesidades máis básicas como pagar o aluguer e os recibos de luz e auga.
Esta é a conta:

ASOCIACIÓN SAHEBBI
nº CONTA Banco Sabadell -ES1000812158520001069517
importante concepto- Refuxiados 

Non sabemos cantas familias máis pode haber, por favor calqueira información será de gran axuda, pois a administración non a quere facilitar. contacto: rederefuxiadas@gmail.com

Grazas a todos pola colaboración, rógase máxima difusión!