martes, 20 de febreiro de 2018

NON NO NOSO NOME!-26F

Coa tristeza e a indignación de ter chegado ao segundo aniversario do peche de fronteiras e o acordo  con Turquía, ( o próximo 26 de Febreiro ) a Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas convoca esta semana movilizacións de protesta e denuncia , coa esperanza de que a presión social consiga finalmente que España e Europa deixen de violar os Dereitos Humanos e de incumplir a lexislación internacional o vulnerar  a Carta Internacional de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, o Convenio Europeo de Dereitos humanos e a Convención de Ginebra para os Refuxiados, así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo.

Se celebrarán as xornadas '''REFUXIAD@S, RESPOSTAS SOLIDADRIAS'' en Coruña, Vigo, Santiago e Ferrol, coa intención de presentar exemplos de accións solidarias ante o peche das fronteiras, buscando alternativas que poidamos aplicar aquí . Máis información aquí



Ademáis se convocan movilizacións con mesas informativas en distintas cidades:

VIGO- SÁB 24 - 18h..... Manifestación da farola de Urzáiz 
SANTIAGO - DO 25- 12h. Concentración na praza do Toural
A CORUÑA - DO 25  -12h. Concentración na Praza do Obelisco
VILAGARCÍA- SÁB 24 - 13:30hConcentración na Praza de Galicia
FERROL- pendente de confirmar
PONTEVEDRA-pendente de confirmar
LUGO-pendente de confirmar
OURENSE-pendente de confirmar
RIBEIRA-pendente de confirmar
LALIN-pendente de confirmar
SILLEDA-pendente de confirmar

leer o MANIFESTO abaixo de todo


 
A CORUÑA




FERROL



SANTIAGO




VILAGARCÍA



MANIFESTO:
NON NO NOSO NOME !
Resulta vergoñento ter que realizar convocatorias que reivindican o evidente.
Vivimos un momento histórico e somos conscientes de que os gobernos europeos andan actuando contra o principio de que os seres humanos, sen distinción algunha, deben gozar dos Dereitos e liberdades fundamentais.
Fronte ás esixencias dos pobos de Europa, a Unión Europea, cuxo ideólogo. Schuman, cinco anos despois da fin da II Guerra Mundial, propuña a libre circulación do aceiro e do carbón entre países sen custos de aduanas, chamando a isto solidariedade, a UE fortifícase de novo e medra en dirección oposta a calquera principio solidario.
Por cada valado, cada muro, unha mafia lúcrase co pouco que lles queda aos que chegan ás nosas fronteiras. Mulleres e cativas son violadas como pago para cruzar fronteiras e sometidas aos abusos sexuais dende a súa orixe ata chegar a un lugar seguro.
A Europa Fortaleza é unha Europa Criminal porque é consciente do tráfico de persoas  que supón o incumprimento dos acordos de Xenebra. Externaliza fronteiras e militariza os mares, dende hai xa demasiados anos, xa sexa na Fronteira Sur, con Marrocos, ou agora en Turquía coa máis recente crise migratoria.
Paga millóns de euros a países que non aproban en materia de Dereitos Humanos, para que fagan o traballo sucio ou deixa morrer no mar coa súa política exterior , a persoas que buscan poñerse a salvo dunha situación tremendamente conflitiva e dura como táctica disuasoria. Se ven que morren, outros non virán, deben pensar.
A Fortaleza de Europa evidencia hoxe a súa maior debilidade; a solidariedade fracasou por vontade dos seus gobernantes cuxas decisións deberán ser xulgadas, porque estamos cansas de que as súas actuacións que implican o custo de vidas humanas, queden inmunes. A omisión é asasinato.
Somos os pobos europeos os que dicimos NON, A ESTA EUROPA FORTALEZA, cuxa estrutura separa, ademais, a ricos e pobres.
Queremos derrubar o muro de prepotencia e insolidariedade que levantou a Europa Fortaleza baseándose no egoísmo e na xenofobia fronte a quen fuxe do horror. Imos tirar os bloques que esconden o esquecemento de que fomos o escenario da II Guerra Mundial, faremos cascallos desta muralla da vergonza porque a ninguén demos permiso para levantar fronteiras.
Dende este lado do muro, dicímoslles aos gobernos da Europa Fortaleza:
·      Que deben suspender decontado o acordo con Turquía e se desculpar por desoír as protestas contra a súa firma que supón violar de xeito soterrado a Lei Universal dos DDHH, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e o Dereito Internacional en xeral, concretamente a Carta de Dereitos Fundamentais, que prohibe explicitamente no seu artigo 19 as expulsións colectivas.

·      Esiximos á Europa Fortaleza a que no canto de enviar buques de guerra da OTAN ao Exeo, de máis de cinco metros de altura cos que non vai realizar ningún rescate no mar, habilite vías seguras para garantirlles a vida e a dignidade humana nas diferentes etapas do seu desprazamento forzado e destine recursos do gasto militar para políticas de acollida.

·      Opoñémonos á política de cotas, pero xa pasaron dous invernos dende que se acadou o acordo de acoller a 160.000 persoas, que só representan un 0,03% da poboación total da UE, sen que se teña producido a súa acollida e esiximos que se cumpra o acordo de forma urxente. A crueldade dos nosos gobernantes afástanos e humíllanos. Se non saben como facelo, pregunten a Canadá, un país alongado pero con vontade política e compromiso.

·      Esiximos que se poña dunha vez en marcha medidas excepcionais como o visado humanitario que permita a solicitude de asilo dende un terceiro país.

·      Pedimos que se cumpran os prazos para a eliminación de fronteiras entre países da UE, o coñecido espazo Schengen, que en troques de se eliminar reforzouse entre os países que forman a Unión.