A Rede Galega en
Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca mobilizacións en toda Galicia con motivo do fin de prazo que tiña o Estado Español, no marco dun acordo da
Unión Europea, para acoller a 17.337 persoas refuxiadas. En dous anos só acolleu a 1.983 persoas refuxiadas de
máis de 5.500.000 persoas vítimas da guerra que tiveron que saír do seu país e
piden refuxio.
A CORUÑA- SÁBADO 30- 18:30h.Subdelegación do Goberno
FERROL.......SÁBADO 30- 11:30h. Praza de Armas
SANTIAGO-CONCENTRACIÓNS AS 20:00H DO 19 ao 26 -PLAZA DO TOURAL Cada día soará unha
alarma e leerase un manifesto, contando coa presenza de destacada de actores
coma Carlos Blanco e Monti Castiñeiras, o entrenador do Obradoiro Moncho
Fernández, a cantante Uxía Senlle, Marilar Aleixandre, os directores de cine
Alfonso Zarauza e Fernando Cortizo, e o teólogo Andrés Torres Queiruga. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
PONTEVEDRA. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
VIGO ..................SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
VIGO ..................SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
OURENSE...........SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
CANGAS..............SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
AS CIFRAS
1.983 persoas. Trátase dunha cifra miserable, ridícula para as
capacidades de acollida dun Estado como o Español, que recibe anualmente máis
de 60 millóns de turistas e cun potencial demográfico de máis de 45 millóns de
habitantes. É totalmente inxustificable a desidia máis absoluta, a falta de
humanidade do goberno español, diante ademais dunha importante resposta
solidaria por parte da sociedade civil.
OS CAMPOS DE
CONCENTRACIÓN
O impresentable acordo
da Unión Europea con Turquía (asinado en marzo do 2016) explica esta situación:
os europeos pechamos as nosas fronteiras
e enviamos de maneira forzosa á xente para Turquía, a campos de concentración
de onde non poden saír. Conseguiuse establecer unha fronteira terrible (un
inmenso campo de concentración de persoas) nun país alleo á U.E. e no que as
garantías democráticas están seriamente comprometidas.
SOMOS CULPABLES DAS
MORTES NO MEDITERRÁNEO
Ese acordo forzou
ás persoas a buscar rutas alternativas máis perigosas, conseguindo que
milleiros morreran nos últimos dous anos tentando achegarse aos países da Unión
Europea, no mar Mediterráneo e noutras fronteiras físicas e burocráticas que
mantemos e reforzamos para impedir a acollida destas persoas que foxen da
guerra e da morte. Incumprindo e negando un dereito humano fundamental (o do
refuxio) por parte de gobernos teoricamente democráticos.
Esas fronteiras que
provocan mortes tamén as temos no Estado Español e son responsabilidade dun
goberno que ademais, coma outros europeos, orixina as situacións de guerra, morte
e miseria coa súa propia política exterior , dos países da U.E. e do chamado
“Mundo Occidental”.
A REDE GALEGA EN
APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS leva case dous anos denunciando esta situación e defendendo a
mesma idea: RACHEMOS COAS FRONTEIRAS, NON ÁS GUERRAS. Comprometémonos despois desa data a continuar
cunha mobilización social que obrigue ao
noso goberno central e ao resto de gobernos da U.E. a mudar as súas políticas , a cumprir coas súas obrigas
e coa lexislación internacional.
É UNHA CUESTIÓN DE
HUMANIDADE, NON PODEMOS CONSENTIR QUE EN
ESPAÑA SE INCUMPRAN OS DEREITOS HUMANOS.
As cousas poden cambiar, colabora como voluntari@ con nós, difunde e
participa!