mércores, 16 de agosto de 2017

SOLICITEMOS A RETIRADA DO PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS A LA UE

Desde a Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas solicitamos a retirada deste surrealista premio otorgado a unha Unión Europea que incumple as leis internacionais ó negar refuxio aos que fuxen da morte e da guerra, pechando ilegalmente as fronteiras e incumplindo cos Dereitos Humanos. Accede ao blog da campaña aqui
Solicitamos o apoio á campaña de SINATURAS ONLINE da Red caravana Abriendo Fronteras, que apoia o comunicado da Coordinadora de ONGD de Asturias do 22 de Xuño. Ver comunicado e asinar aquí
Tamén solicitamos a participación na campaña DE ENVIO DE POSTAIS , enviando por correo ordinario unha postal aos catro responsables do Premio. Para ver e imprimir parte de diante e parte traseira



 O Premio Princesa de Asturias de Concordia 2017 non debe ser otorgado á UE, xa que os Gobernos europeos e a propia UE actúan de forma inmoral e ilegal, aplicando acordos como o que se asinou o ano pasado con Turquía que aproba a expulsión das persoas que chegan a Grecia , Violando a Carta Internacional dos Dereitos Humanos, a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a Convención Europea sobre Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como diversas Directivas de Asilo Europeas. Este acordó é inmoral e tamén ilegal, a súa aplicación é un risco para a vida das persoas.

O acordo da Vergoña xunto coas medidas tomadas unilateralmente polos Estados membros, que impiden a entrada de solicitantes de asilo no seu territorio non contribúen a unha solución, e conducen á apertura doutras rutas máis perigosas e custosas para os refuxiados, como O Mediterráneo central, o máis mortal do mundo.

Do mesmo xeito, hai que ter en conta que a UE utiliza a Axuda Oficial para o Desenvolvemento como medio para impoñer políticas de control fronteirizas e como un instrumento de chantaje aos países de orixe.
A Convención Europea para a Protección dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais, asinada en Roma en 1950, establece claramente as obrigacións en materia de Asilo dos 47 estados (todos os membros do Consello de Europa), que constantemente está a ser violado en todas as fronteiras exteriores da UE.

Por favor participa e difunde!!