domingo, 27 de xuño de 2021

COMUNICADO URXENTE- Situación en Ceuta

 Urxente comunicado  do Foro Galego de Inmigración ante a  situación en Ceuta:


NON A MILITARIZACIÓN DA FRONTEIRA SUR

NON AS DEVOLUCIÓNS “EN QUENTE”

NON AO TRATAMENTO RACISTA DA REALIDADE MIGRATORIA.

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN en relación coa situación que se está a producir en Ceuta, denuncia:

1.- A militarización da Fronteira Sur é un feito inédito en relación co tratamento da migración no Estado Español. Non debemos aceptar este gravísimo xiro dado polo goberno español coa utilización do exército para estas actuacións.

2.- Diferentes pronunciamentos do Tribunal Supremo, do Tribunal Constitucional e da UE, consideran ilegal a realización das chamadas “devolucións en quente”, que segue a realizar de forma impune o goberno español (neste caso directamente “televisadas”).Debe cumprirse a Lexislación e os procedementos que ésta establece. Non hai na actualidade nas praias de Ceuta,  interpretes,  avogadas ou organizacións, segundo  establece a normativa, para que as persoas que chegan poidan acollerse, por exemplo, ao dereito de asilo ou de protección internacional

3.- De novo,  queren metérnos medo coas cifras, outra vez falseadas: Marrocos, por mor da Pandemia de Covid 19, ten pechadas as súas fronteiras. Polo que dende hai meses non é posible ese movemento habitual de miles de persoas marroquinas que diariamente acuden a Ceuta a traballar e regresan pola noite. Esas miles de persoas responden en boa medida a estes movimentos habituais nesta cidade fronteiriza. Non se trata de “invasión” algunha.

4.- Esta realidade migratoria habitual, con focalizacións por parte dos medios e dos políticos nos momentos que lles interesa,  non debe xustificar discursos e interpretacións racistas  por parte de grupos políticos e sociais. NON PERMITAMOS ESE DISCURSO DO ODIO QUE ALGÚNS TRATAN DE LANZAR.

 

Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)






FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
www.forogi.wordpress.com