martes, 7 de maio de 2019

xornada COMPOSTELA, ¿CIDADE DE ACOLLIDA?- SANTIAGO 7 MAIO



A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas Convoca Encontro Público cos representantes dos grupos políticos que se presentan ás eleccións municipais en Compostela

Martes 7 de maio ás 19:00 h no Centro Sociocultural do Ensanche
A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, promove un Encontro Público aberto ao conxunto da cidadanía cos representantes dos grupos políticos que se presentan ás eleccións muncipais en Santiago de Compostela , o MARTES DÍA 7 DE MAIO ÁS 19:00 H NO CENTROS SOCIOCULTURAL DO ENSANCHE (Rúa de Frei Rosendo Salvado nº 16) para presentar e debatir as medidas políticas que a nivel local propoñen en relación coas persoas migrantes e refuxiadas.
Estaban convidadas a participar no mesmo ás persoas candidatas á alcadía ou os seus representantes de Compostela Aberta. PPdG, PSdG-PSOE, BNG, CxG, Cidadáns e Vox.

Temos confirmada a participación de: Concha Fernández (CA), PPdG (persoa por determinar), Milagros Castro (PSdG-PSOE), Navía Rivas (BNG),  Xabier Salgado CxG

A dinámica proposta será unha breve exposición de 5/7 minutos inicial por participante e despois as persoas que se acheguen ao Encontro nun formato libre poderán facer as súas preguntas, aportacións ou suxestións.