xoves, 22 de xuño de 2017

A REDE GALEGA DE APOIO AS PERSOAS REFUXIADAS SOLICITA A RETIRADA DO PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS A UE


Os setenta colectivos que integran a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas manifestan a súa indignación polo otorgamento do Premio Princesa de Asturias da Concordia á Unión Europea e  esixe á Fundación que retire o Premio.


A Rede quere manifestar o seu apoio á Red Española de Inmigración y Ayuda al Refugiado, que xa formalmente pediu ao Principado de Asturias así como ao Concello de Oviedo que se posicione en contra da concesión de dito galardón, coa intención de sumar forzas de entidades e institucións políticas e sociais para solicitar a Fundación Princesa de Asturias que retire dito premio.


Unha Europa que prohíbe a entrada ás personas que migran fuxindo da guerra, e emprega contra elas todo tipo de represións intolerables. Soamente en 2016, según cifras oficiais, morreron 5.096 personas nas aguas do Mediterráneo, a maior fosa común do mundo na que nos últimos 15 anos perderon a vida máis de 25.000 persoas.
Ademáis considerase inadmisible tendo en conta a cercana experiencia coa incompetencia do Goberno Español para cumprir co ridículo acordo coa UE de acoller soamente 17.387 persoas refuxiadas, das que só chegaron 1304 persoas en case  2 anos dun total de 4,815,868 millones de refuxiad@s siri@s
Esta Rede tamén quere apoiar o manifesto da Coordinadora Estatal de ONGD con motivo do 20x-Dia Mundial do refuxiado , do que resaltamos o seguinte: 'No día de hoxe, 65 millóns de persoas víronse obrigadas a abandonar os seus fogares, a maior cifra dende a II Guerra Mundial; 20 millóns están en situación de fame extrema; máis de 30 conflitos se están a enquistar en distintos lugares do planeta; e o cambio climático está a acabar co medio no que viven centos de comunidades, coas súas colleitas, a súa auga e a súa vida.

As persoas que migran deixan atrás as súas vidas sen apenas garantías. Foxen de conflitos bélicos, de condicións de pobreza extrema e dun contexto no que se violan sistematicamente os seus dereitos humanos. Realidades nas que os países occidentais tiveron e teñen unha importante responsabilidade, por acción ou por omisión. Cando máis se necesita a paz, máis se alimenta a guerra. A industria das armas non para de crecer; as fronteiras quedaron en mans de empresas privadas; Trump presiona aos países da OTAN para que aumenten ata un 2% do seu PIB o gasto en defensa; e o goberno español aumenta nun 30% o orzamento de defensa.' documento completo aquí


contacto - rederefuxiadas@gmail.com  Teléfonos   638835372 Adrián – 662307019 Miguel