A Rede Galega en Apoio ás
Persoas Refuxiadas, formada por máis de 70 colectivos, asociacións,
ONGD, sindicatos e partidos políticos convoca novas mobilización en
toda Galicia arredor do 20 de xuño, día mundial das persoas
refuxiadas.
Baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña,
A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo sairán
ás rúas para esixir rutas legais sen condicións; o cumprimento dos
convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise
en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o
respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a
fuxir da guerra, a violencia e a fame.
As mobilizacións convocadas son as seguintes:
A CORUÑA. 19 de xuño, ás 12 horas, dende o Orzán.
A GUARDA. 18 de xuño ás, 20 horas, dende a Alameda.
COMPOSTELA. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Alameda.
FERROL. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Praza España.
LUGO. 20 de xuño, ás 20 horas, diante do Edificio da Xunta
OURENSE. 20 de xuño, ás 20:30 horas, dende a Subdelegación do
goberno
PONTEVEDRA. 19 de xuño, ás 12 horas, na Praza da Peregrina.
VIGO. 19 de xuño, ás 11:30 horas, na Doblada
Demandas da Rede
As demandas dos 70 colectivos, organizacións, movementos sociais,
sindicatos e partidos políticos que conforman a Rede aos distintos
gobernos para esixir a garantía e o cumprimento dos dereitos das
persoas refuxiadas son: