A Casa de Cultura e Solidaridade organiza un acto sobre Refuxiad@s e Inmigración. proxectaráse un documental que é unha versión reducida do vídeo nº 242 de 'Voz de los sin voz': "Riace, ejemplo de acogida en Europa".
Contará tamén coa colaboración de Djibril Faye, inmigrante Senegalés.
Terá lugar o martes 9 de Maio as 20:30h , na 'Casa de Cultura y Solidaridad', Rúa Homesanto,47 de Santiago de Compostela.
xoves, 4 de maio de 2017
domingo, 23 de abril de 2017
ENCONTRO CON DJIBRIL FAYE - Santiago de Compostela
O próximo mércores 26 de Abril, ás 20h, na Asociación Veciñal A Xuntanza vai ter lugar un encontro con Djibril Fayé,
inmigrante senegalés que chegou hai 10 anos ao noso país. Djibril falaranos da
súa experiencia persoal de fuxida do seu país, Senegal, e acollida en Galicia,
onde colabora na ONGd Ecos do sur, (www.ecosdosur.org)
unha Organización de A Coruña que se dedica á cooperación e integración de
persoas migrantes. O encontro está organizado pola Rede en Apoio ás Persoas
Refuxiadas de Compostela, e conta co apoio da Asoc. Veciñal A Xuntanza do Barrio de San Pedro e a
Asoc. de Mulleres Recandea.
A Rede en Apoio a Persoas Refuxiadas está
composta por diferentes organizacións, ONG e colectivos que queren visibilizar
na nosa cidade o problema humanitario que está a supoñer a mala xestión
migratoria da UE e do Estado Español. Con este acto queremos poñer cara e voz
ao problema da migración no noso país, resolver dúbidas e disipar prexuízos
sobre as persoas migrantes e refuxiadas. Ademais, aproveitaremos o acto para
presentar no Barrio de San Pedro de Santiago a campaña de recollida de
firmas que a Rede está a poñer en marcha para esixir ao goberno que cumpra os
compromisos de acollida que ten subscrito ante a UE, e a anulación do acordo
entre UE e Turquía así coma tódolos tratados que están a supoñer un risco na
garantía de cumprimento da Declaración dos Dereitos Humanos.
Esperamos contar coa vosa presenza para ir
derrubando barreiras e prexuízos nas cuestións de migración, asilo e refuxio.
Marisa Vidal Collazo
NO MEU COLE EU ACOLLO
Dende Vivo en Ames estase a apoiar a campaña de Bienvenidos Refugiados a realizar nos coles. Debaixo atopáse a informacion da inicitiva, tamén ofrécense a achegarse aos coles para explicar mellor a situación. Para máis información pódese contactar con Mertxe no 68705635 ou no mail vivoenames@gmail.com
campaña:
“NO MEU COLE EU ACOLLO”
Entendemos que a crisis humanitaria que estamos presenciando non é temporal, nin vai a ter un final co ansiado fin da guerra en Siria. Os movementos migratorios actuais van en aumento, sea por causas bélicas, económicas ou climáticas (hambruna e sequía).
Polo tanto consideramos que é moi importante a CONCIENCIACIÓN nos colexios. Os nosos fillos deben ser conscientes do que está a pasar, de que hai moita xente que lles necesita e que, tal vez, algún día sean eles os que necesiten pedir asilo noutro país.
Polo tanto propoñemos o seguinte a todos os Colexios, Centros de Educación, AMPAS, nais e pais :
Nas clases dos colexios deixarase un pupitre libre á espera da chegada dun neno ou nena refugiada (simbólicamente ou non).
Ata o 5 de MAIO de 2017, os colexios poden colaborar enviándonos ás fotos ou vídeos de cada unha das clases onde teñan deixado ese pupitre vacío, subindoo tamén á páxina do colexio, ou da do AMPA, enviándolas aos medios, etc. Respetando sempre os dereitos de imaxe que teña cada neno (autorizacions de pais e nais)
Os documentos gráficos que pódense enviar son:
- Unha foto do pupitre na clase, cun cartel encima que poña “Reservado”, “Te esperamos”, ou o que prefiran, e os hashtag #NoMeuColeEuAcollo #EnMiColeYoAcojo. Os nenos poden estar de espaldas ou como si estiveran estudiando nunha situación cotidiana… ou como o seu profesor lo considere.
Se algún niño non ten firmada a autorización para ser fotografiado, se pixela la cara ou simplemente non sale (Ley de Protección de Menores/Derechos de Imagen).
- Un vídeo corto, mostrando a clase e os nenos dicindo algunha frase como a do hashtag, ou a que se lles ocurra a eles, decíndoo todos á vez, de un en un, como queiran.
Envío a bienvenidosrefugiadosespana@gmail.com co asunto: "No meu cole, eu acollo."
A partir do 5 maio, vaise organizar todo o material recibido, e concretarase a data para lanzar a campaña a través das redes coas fotos e vídeos, etiquetando ao Ministerio de Educación, de Interior e ao Goberno central. O faremos en todos os idiomas oficiales/cooficiales do estado español: castelán, euskera, galego, catalán, aranés.
O noso obxetivo é conseguir que participe na campaña o maior número de centros educativos posibles, que os grupos de voluntarios, plataformas ou Asociacións locais tomen a iniciativa de xestionarlo en cada rincón de España. Para iso, igual que o publicamos aquí, enviaremos un mail a cada plataforma local, aos medios de comunicación e a CEAR, Accem e Cruz Vermella Española, as 3 ONG elexidas polo Goberno para a acollida de refuxiados e xestión das peticions de asilo.
¿Empezamos? ¡DIFUNDE! ¡ACTÚA! ¡TOMA A INICIATIVA! ¡COLABORA! ¡fai partícipe aos nenos da TUA SOLIDARIDADE!
#NoMeuColeEuAcollo #EnMiColeYoAcojo

xoves, 23 de marzo de 2017
25 de Marzo- NINGUÉN SEN DEREITOS
A rede Galega en apoio ás persoas Refuxiadas súmase a convocatoria de manifestación en apoio ao artigo 25 dos dereitos humanos. Participarán distintos colectivos do ámbito da defensa da Educación, a Sanidade, o Traballo e os dereitos humanos
O sábado 25 de Marzo sairá as 18:30 do Parlamento Galego, na rúa Horreo de Santiago de Compostela

café-coloquio GALIZA-EUROPA, a crise Europea e d@s refuxiad@s vista dende Galiza
O BNG de Ames convídate ao café-coloquio GALIZA-EUROPA, a crise Europea e d@s refuxiad@s vista dende Galiza,que terá lugar o vindeiro venres 24, ás 20h no Café Ferlós (Praza da Amaía, Bertamiráns-Ames)
Intervirán:
Ana Miranda, portavoz BNG Europa,Felipe Carnotto, fotoxornalista e autor de “A Ruta dos Refuxiados”
María Lalín, xornalista e activista

sábado, 11 de marzo de 2017
ENCONTRO CON DJIBRIL FAYE - Santiago de Compostela
O próximo mércores 15 de marzo, ás 20h, no CSC
Agustín Bueno do Castiñeiriño vai ter lugar un encontro con Djibril Fayé,
inmigrante senegalés que chegou hai 10 anos ao noso país. Djibril falaranos da
súa experiencia persoal de fuxida do seu país, Senegal, e acollida en Galicia,
onde colabora na ONGd Ecos do sur, (www.ecosdosur.org)
unha Organización de A Coruña que se dedica á cooperación e integración de
persoas migrantes. O encontro está organizado pola Rede en Apoio ás Persoas
Refuxiadas de Compostela, e conta co apoio da Asoc. Veciñal O Castiñeiro e a
Asoc. de Mulleres Recandea, do barrio do Castiñeiriño.
A Rede en Apoio a Persoas Refuxiadas está
composta por diferentes organizacións, ONG e colectivos que queren visibilizar
na nosa cidade o problema humanitario que está a supoñer a mala xestión
migratoria da UE e do Estado Español. Con este acto queremos poñer cara e voz
ao problema da migración no noso país, resolver dúbidas e disipar prexuízos
sobre as persoas migrantes e refuxiadas. Ademais, aproveitaremos o acto para
presentar no barrio do Castiñeiriño de Santiago a campaña de recollida de
firmas que a Rede está a poñer en marcha para esixir ao goberno que cumpra os
compromisos de acollida que ten subscrito ante a UE, e a anulación do acordo
entre UE e Turquía así coma tódolos tratados que están a supoñer un risco na
garantía de cumprimento da Declaración dos Dereitos Humanos.
Esperamos contar coa vosa presenza para ir
derrubando barreiras e prexuízos nas cuestións de migración, asilo e refuxio.
Marisa Vidal Collazo
RAPR Santiago
venres, 10 de marzo de 2017
Campaña de recollida de sinaturas 2017
A Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas arranca esta campaña de recollida de sinaturas coa intención de que nos movilicemos de novo para conseguir que remate esta terrible situación, a campaña respalda o manifesto introducido por rexistro o 22-2-17 que pódese leer aquí demandas rederefuxiadas . Como primeiro paso inmediato esiximos ao Goberno Español:
- Cumprir inmediatamente os compromisos de acollida e reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo estado español ante a UE.
-A anulación do acordo entre a UE e Turquía e de todos os tratados que supoñen a vulneración e un risco para a garantía dos dereitos humanos das persoas.
Pódese colaborar de duas maneiras:
1- CAMPAÑA DE SINATURAS ONLINE: pódese asisnar e dar difusión aquí Rachemos coas fronteiras
2- RECOLLIDA DE SINATURAS FÍSICAS: os materiais se poden baixar neste enlace
materiais para a campaña
coordinadora- Teresa Vallejo / devallejo@yahoo.es /630115130
despois pódense enviar por correo postal á : Rederefuxiadas. C/Ensinanza 9-2º-15703.Santiago de Compostela, A Coruña.

luns, 13 de xuño de 2016
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca novas mobilizacións en toda Galicia
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, formada por máis de 70 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos e partidos políticos convoca novas mobilización en toda Galicia arredor do 20 de xuño, día mundial das persoas refuxiadas.
Baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña, A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo sairán ás rúas para esixir rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame.
As mobilizacións convocadas son as seguintes:
A CORUÑA. 19 de xuño, ás 12 horas, dende o Orzán.
A GUARDA. 18 de xuño ás, 20 horas, dende a Alameda.
COMPOSTELA. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Alameda.
FERROL. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Praza España.
LUGO. 20 de xuño, ás 20 horas, diante do Edificio da Xunta
OURENSE. 20 de xuño, ás 20:30 horas, dende a Subdelegación do goberno
PONTEVEDRA. 19 de xuño, ás 12 horas, na Praza da Peregrina.
VIGO. 19 de xuño, ás 11:30 horas, na Doblada
Demandas da Rede
As demandas dos 70 colectivos, organizacións, movementos sociais, sindicatos e partidos políticos que conforman a Rede aos distintos gobernos para esixir a garantía e o cumprimento dos dereitos das persoas refuxiadas son:
Redadas, CIE e deportacións: a maquinaria represiva da política migratoria
Esta semana a Rede Galega en Apoio ás persoas Refuxiadas organiza xunto ao Foro Galego de Inmigración dúas charlas con Eduardo Romero con motivo da publicación dos seus novos libros arredor da temática migratoria. As citas son o martes na Coruña e o mércores en Santiago de Compostela.
Co título "Redadas, CIE e deportacións: a maquinaria represiva da política migratoria.", o activista do colectivo Cambalache de Uviéu, Eduardo Romero, introduciranos na súa visión sobre o feito migratorio e o papel que xoga no mundo actual, isto é, en como o sistema capitalista e patriarcal ten a necesidade de provocar a mobilidade forzada de millóns de persoas.

luns, 9 de maio de 2016
A Rede insta os concellos galegos a posicionarense en contra do acordo entre a UE e Turquía
A plataforma iniciou hoxe unha campaña coincidindo co Día de Europa para que os plenos municipais se posicionen publicamente e aproben mocións para garantir os dereitos das persoas refuxiadas
O número de concellos aos que se insta a sumarse ás peticións da Rede irase ampliando ao longo dos vindeiros días

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)