mércores, 14 de xuño de 2017

EXITOSA CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO GALEGO .14 xuño 2017

A Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas realizou hoxe as 12h unha exitosa concentración diante do Parlamento Galego. A intención era mostrar a sua indignación ante a hipocresía do PP no último Pleno, onde presentou un discurso de apoio @s refuxiad@s para despois votar en contra. A proposta non de lei rechazada,  pretendía instar ao Goberno de España a que cumpra co acordo firmado na UE.

 O obxetivo principal deste acto era mostrar a sua protesta pola terrible doble cara que mostrou o Goberno Galego no último Pleno celebrado. Os máis de 70 colectivos que forman esta Rede, están a traballar porque se cumpran as leis internacionais e os Dereitos Humanos.

Neste Pleno presentouse unha proposta non de lei coa intención de que o Goberno Galego instase ao Goberno Español a deixar de incumprir cos dereitos humanos. No transcurso do acto sucederon dúas cousas que a Rede considera inadmisibles:

1-     O Presidente Alberto Nuñez Feijoo, xunto con outros parlamentarios do PP levantáronse e marcharon xusto cando se anunciaba que se iba a tratar este tema, deixando a súa bancada vacía. Foi considerado polos membros da Rede coma unha total falta de respeto ante os máis de 70 colectivos que a integran e ante os máis de 6 millóns de Refuxiad@s que sufren as consecuencias de que o noso Goberno incumpla cos dereitos humanos.

2-     A parlamentaria do PP Raquel Arias tivo unha intervención na que mostraba preocupación e interese por resolver esta situación, afirmando que apoiaban a proposta diante de todos os medios de comunicación. Despois a última hora , xa sin medios de comunicación votaron en contra.

ver videos do ocurrido aquí

 Aquí detállase o que se pedía na proposta:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno de España a:

·       Axilizar de maneira significativa o proceso de traslado de persoas refuxiadas a España mediante a súa recolocación e reasentamento;

·       Cumprir no prazo previsto os compromisos acordados coa UE de acoller a 17.337 persoas refuxiadas.


 No manifesto leido na concentración, destacouse que ‘o feito de que votasen en contra demostrou a verdadeira intención deste Goberno, cunha evidente estratexia de boas palabras nos medios públicos, mentres mantén durante dous anos accións exemplares e contundentes contra os dereitos humanos de milleiros de persoas que soamente piden auxilio’.

Tamén resaltouse a importancia  de lembrar que solicitar asilo noutro país en caso de perigo de morte é un dereito. Os Dereitos Humanos non son unha utopía. A lexislación internacional exixe que se cumpran. @s Refuxiad@s teñen dereito a pedir refuxio e nós incumplimos as leis internacionais cando pechamos as portas e lles negamos a entrada.

 O  22 de setembro do ano pasado xa facía un ano desde que os líderes da Unión Europea acordaron un mecanismo de recolocación de emerxencia para compartir a responsabilidade de quen solicita asilo. Con todo, decenas de miles de persoas seguen atrapadas en campos de concentración dos que non se lles deixa sair, en condicións deplorables.

As cifras falan por si soas. Máis dun ano despois destes compromisos, España acolleu a 1.141 persoas. Unha cifra moi afastada das 17.337 persoas que o Goberno se comprometeu a acoller.

O número de refuxiados sirios xa rompeu a barrera dos seis millons, según a Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados (ACNUR). Esta cifra, que equivale a casi un cuarto da población total do país, reflexa a dureza dunha guerra que orixinou 6,3 millones de desplazados  e máis de 300.000 víctimas mortais.

 Estamos asistindo a unha situación sen precedentes e ante a que a Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas chama a atención pedindo que tomemos medidas urxentes e inmediatas.











martes, 13 de xuño de 2017

INDIGNACIÓN ANTE A HIPOCRESÍA DO PP NO PLENO DO PARLAMENTO GALEGO

A Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas mostra a sua indignación ante a hipocresía do PP no último Pleno, onde presentou un discurso de apoio @s refuxiad@s para despois votar en contra. A proposta non de lei rechazada,  pretendía instar ao Goberno de España a que cumpra co acordo firmado na UE.

Neste Pleno presentábase unha proposta no de lei coa intención de que o Goberno Galego instase ao Goberno Español a deixar de incumprir cos dereitos humanos. No transcurso do acto sucederon dúas cousas inadmisibles:

1-     O Presidente Alberto Nuñez Feijoo, xunto con outros parlamentarios do PP levantáronse e marcharon xusto cando se anunciaba que se iba a tratar este tema, deixando a súa bancada vacía. Unha total falta de respeto ante os máis de 70 colectivos que integran esta Rede e ante os máis de 6 millóns de Refuxiad@s que sufren as consecuencias de que o noso Goberno incumpla cos dereitos humanos. ver como marchan

2-     A parlamentaria do PP Raquel Arias tivo unha intervención na que mostraba preocupación e interese por resolver esta situación, afirmando que apoiaban a proposta diante de todos os medios de comunicación. Despois pola tarde, xa sin medios de comunicación votaron en contra.
ver a súa intervención completa aquí




Esto era o que se pedía a proposta:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno de España a:

·       Axilizar de maneira significativa o proceso de traslado de persoas refuxiadas a España mediante a súa recolocación e reasentamento;

·       Cumprir no prazo previsto os compromisos acordados coa UE de acoller a 17.337 persoas refuxiadas.
documento completo proposición no de lei

videos de interese:

-como marcha o PP-aquí
-intervención inicial parlamentaria Luca Chao -EnMarea  - ver aquí
-intervención parlamentaria Montserrat Prado do BNG apoiando a proposta- ver aquí
-2º intervención Luca Chao- agradecendo o  apoio de todos os grupos e a suposta aprobación  ver aquí
-votación negativa- non se aproba aquí

A parlamentaria Luca Chao de EnMarea presentando a proposta non de lei. 




A parlamentaria Montserrat Prado no Pleno



Exposición ECLIPSE SIRIO- ALI ALI . Do 16 xuño ao 25 xullo. A Coruña

Exposición do artista Sirio ALI ALI, na sala de exposicións de Palexco en A Coruña- Se inclue a programación de actividades complementarias.

Conferencia de Mireille Twayigira -20 Xuño. Santiago de Compostela

Conferencia de Mireille Twayigira
“De refuxiada ruandesa a doutora médica en Malawi”

MARTES, 20 DE XUÑO, 18:00 horas
Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas (Campus Sur)
Santiago de Compostela

Hoxe ten 25 anos e é licenciada en Medicina. Só con dous anos comezou unha   interminable fuxida sen tregua por diferentes campos de refuxiados de África escapando do xenocidio de Ruanda, o seu país natal. Ao seu pai matárono. A súa nai morreu nun campo de refuxiados. Ela sobreviviu e tivo a oportunidade   de estudar, demostrando a súa brillantez académica a pesar das dificultades. Hoxe traballa como médica no hospital Queen Elisabeth no campo de refuxiados de Dzaleka, Malawi. O seu obxectivo é axudar a quen, como ela, sofre a terrible situación de verse obrigados a abandonar os seus países.

“A miña vida non é unha historia tráxica”, di Mireille. A súa historia é unha luz de esperanza no medio da desesperanza dun campo de refuxiados. Contaranos a súa historia en primeira persoa, unha historia que fala de dor e de esperanza.


20 de xuño: Día Mundial das Persoas Refuxiadas
máis información:
Sandra Rodríguez Couso
Área de Cidadanía
Fundación Entreculturas
Rúa Santo Agostiño, 2. 15704 Santiago de Compostela
Tfno: 981 58 14 09

Campaña #VindeXa


Asociacións, ONGD, plataformas, universidades e fundacións de todo o Estado sumáronse ata o de agora a esta campaña na que se esixe o cumprimento do Dereito Internacional, os Dereitos Humanos e os compromisos asumidos polo goberno español. Neste enlace atoparedes toda a información da campaña  vinde xa

A campaña ten por obxectivo que o goberno español cumpra o seu compromiso de acoller 17.387 persoas refuxiadas antes do 26 de setembro. Agora só chegaron un 7,5% destas persoas.

Unha das actuacións máis visuais que se poden levar a cabo no marco da campaña é colocar na web , nos mails e nas redes sociais  un contador de tempo con conta atrás que amosa os días, horas, minutos e segundos que quedan ata a data final do 26 de setembro enganche ao contador

xoves, 8 de xuño de 2017

ACAMPA . 15-18 Xuño 2017. A Coruña



ACAMPA é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social…ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.

Abrrá un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente e afondará nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

Crearase  un simbólico «campo de persoas refuxiadas» instalado na Coruña do 15 ao 18 de xuño de 2017. Podemos participar de moitos xeitos: montando unha tenda de campaña como expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio, e nas diferentes actividades que se levarán a cabo no campamento e ao longo do ano.
Aquí o programa completo

Máis información e contacto- acampa@acampa.eu  

FERIA SOLIDARIA- 16 Xuño 2017.Santiago

Dentro das actividades de Compostela Solidaria celebrarase A Feira Solidaria o 16 de Xuño na Plaza Roxa . 

Será un espazo de encontro para visibilizar o traballo das ONG de Desenvolvemento na loita contra as desigualdades e pobreza global; e na que se ofrecerán alternativas para construír, colectivamente, un mundo máis xusto.
Ao longo do día, haberá actividades e postos de venda de produtos de comercio xusto e puntos de información.

De 11 a 14 horas
A Feira contará con actividades dirixidas a nenos e nenas dos centros educativos de Compostela.

De 17 a 20:30 horas
Pola tarde, haberá actividades abertas para todas as idades:
 · obradoiro de construción dun forno solar
· xogos para aprender a consumir responsablemente (Twister do lixo)
 · xogos cooperativos
· obradoiro de construción de biofiltros, unha bomba de mecate con materiais
reutilizables
· elaboración de chapas
· mapamundi xigante: coñezamos o mundo!

aquí o enlace ao Compostela solidaria


“REFUXIAD@S E OLVIDAD@S”- 12 XUÑO . Santiago

Na charla organizada por ENTRECULTURAS falarase da situación das persoas refuxiadas e migrantes na súa fuxida cara a Europa. Terá lugar as 19:00h no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela.

Participarán Foad Alawi, oftalmólogo sirio residente en Galicia; e xornalista e delegado de Entreculturas Vigo. Ao finalizar a charla farase unha visita guiada pola exposición 'Somos Migrantes', que estará aberta do 1 ao 16 de xuño.
José Luis Barreiro,

Enmarcada dentro das actividades de Compostela solidaria programa Compostela Solidaria


domingo, 4 de xuño de 2017

Exposición Entreculturas 'SOMOS MIGRANTES' - 1 ao 16 xuño. Santiago

Desde o día 1 ao 16 de xuño estará aberta no claustro do Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela) a EXPOSICIÓN de Entreculturas "Somos Migrantes", un percorrido a través de impactantes fotografías polas principais fronteiras que nos fan cuestionar o respecto polos dereitos humanos máis fundamentais: a Fronteira Norte (México-EEUU), a Fronteira Sur (Marrocos-España) e a do Mediterráneo Paso do Exeo (Turquía-Grecia)
máis información 
 
Visitas guiadas á exposicion para grupos de alumnos maiores de 14 anos, mércores e xoves de 13:00 a 14:00 horas (previa solicitude no 695 87 34 70)

contacto- Sandra Rodríguez Couso
Área de Cidadanía
Fundación Entreculturas
Rúa Santo Agostiño, 2. 15704 Santiago de Compostela
Tfno: 981 58 14 09


luns, 22 de maio de 2017

Hackathon for refugees - 4 e 5 XUÑO en Lobeira (Ourense)

Hackathon for refugees é un evento sen ánimo de lucro, organizado por Sende en colaboración con Impact Hub Vigo e Arroelo Coworking, que terá lugar do 4 ao 5 de xuño nun inspirador espazo na aldea de Senderiz (Lobeira, Ourense) no parque nacional de Baixa Limia-Serra do Xurés.

Durante as 48 horas de duración, programadores, activistas, creativos, estudiantes, voluntarios e profesionais de organizacións non gubernamentais conviviremos e desenvolveremos, de xeito colectivo e solidario, solucións innovadoras que poidan axudar ás persoas refuxiadas e facilitar o traballo das organizacións que as apoian.
Máis información e inscripcións aquí