xoves, 8 de xuño de 2017
ACAMPA . 15-18 Xuño 2017. A Coruña
ACAMPA é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social…ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.
Abrrá un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente e afondará nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.
Crearase un simbólico «campo de persoas refuxiadas» instalado na Coruña do 15 ao 18 de xuño de 2017. Podemos participar de moitos xeitos: montando unha tenda de campaña como expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio, e nas diferentes actividades que se levarán a cabo no campamento e ao longo do ano.
Aquí o programa completo
Máis información e contacto- acampa@acampa.eu