martes, 13 de xuño de 2017

INDIGNACIÓN ANTE A HIPOCRESÍA DO PP NO PLENO DO PARLAMENTO GALEGO

A Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas mostra a sua indignación ante a hipocresía do PP no último Pleno, onde presentou un discurso de apoio @s refuxiad@s para despois votar en contra. A proposta non de lei rechazada,  pretendía instar ao Goberno de España a que cumpra co acordo firmado na UE.

Neste Pleno presentábase unha proposta no de lei coa intención de que o Goberno Galego instase ao Goberno Español a deixar de incumprir cos dereitos humanos. No transcurso do acto sucederon dúas cousas inadmisibles:

1-     O Presidente Alberto Nuñez Feijoo, xunto con outros parlamentarios do PP levantáronse e marcharon xusto cando se anunciaba que se iba a tratar este tema, deixando a súa bancada vacía. Unha total falta de respeto ante os máis de 70 colectivos que integran esta Rede e ante os máis de 6 millóns de Refuxiad@s que sufren as consecuencias de que o noso Goberno incumpla cos dereitos humanos. ver como marchan

2-     A parlamentaria do PP Raquel Arias tivo unha intervención na que mostraba preocupación e interese por resolver esta situación, afirmando que apoiaban a proposta diante de todos os medios de comunicación. Despois pola tarde, xa sin medios de comunicación votaron en contra.
ver a súa intervención completa aquí




Esto era o que se pedía a proposta:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno de España a:

·       Axilizar de maneira significativa o proceso de traslado de persoas refuxiadas a España mediante a súa recolocación e reasentamento;

·       Cumprir no prazo previsto os compromisos acordados coa UE de acoller a 17.337 persoas refuxiadas.
documento completo proposición no de lei

videos de interese:

-como marcha o PP-aquí
-intervención inicial parlamentaria Luca Chao -EnMarea  - ver aquí
-intervención parlamentaria Montserrat Prado do BNG apoiando a proposta- ver aquí
-2º intervención Luca Chao- agradecendo o  apoio de todos os grupos e a suposta aprobación  ver aquí
-votación negativa- non se aproba aquí

A parlamentaria Luca Chao de EnMarea presentando a proposta non de lei. 




A parlamentaria Montserrat Prado no Pleno