martes, 13 de xuño de 2017

Conferencia de Mireille Twayigira -20 Xuño. Santiago de Compostela

Conferencia de Mireille Twayigira
“De refuxiada ruandesa a doutora médica en Malawi”

MARTES, 20 DE XUÑO, 18:00 horas
Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas (Campus Sur)
Santiago de Compostela

Hoxe ten 25 anos e é licenciada en Medicina. Só con dous anos comezou unha   interminable fuxida sen tregua por diferentes campos de refuxiados de África escapando do xenocidio de Ruanda, o seu país natal. Ao seu pai matárono. A súa nai morreu nun campo de refuxiados. Ela sobreviviu e tivo a oportunidade   de estudar, demostrando a súa brillantez académica a pesar das dificultades. Hoxe traballa como médica no hospital Queen Elisabeth no campo de refuxiados de Dzaleka, Malawi. O seu obxectivo é axudar a quen, como ela, sofre a terrible situación de verse obrigados a abandonar os seus países.

“A miña vida non é unha historia tráxica”, di Mireille. A súa historia é unha luz de esperanza no medio da desesperanza dun campo de refuxiados. Contaranos a súa historia en primeira persoa, unha historia que fala de dor e de esperanza.


20 de xuño: Día Mundial das Persoas Refuxiadas
máis información:
Sandra Rodríguez Couso
Área de Cidadanía
Fundación Entreculturas
Rúa Santo Agostiño, 2. 15704 Santiago de Compostela
Tfno: 981 58 14 09