martes, 13 de xuño de 2017

Conferencia de Mireille Twayigira -20 Xuño. Santiago de Compostela

Conferencia de Mireille Twayigira
“De refuxiada ruandesa a doutora médica en Malawi”

MARTES, 20 DE XUÑO, 18:00 horas
Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas (Campus Sur)
Santiago de Compostela

Hoxe ten 25 anos e é licenciada en Medicina. Só con dous anos comezou unha   interminable fuxida sen tregua por diferentes campos de refuxiados de África escapando do xenocidio de Ruanda, o seu país natal. Ao seu pai matárono. A súa nai morreu nun campo de refuxiados. Ela sobreviviu e tivo a oportunidade   de estudar, demostrando a súa brillantez académica a pesar das dificultades. Hoxe traballa como médica no hospital Queen Elisabeth no campo de refuxiados de Dzaleka, Malawi. O seu obxectivo é axudar a quen, como ela, sofre a terrible situación de verse obrigados a abandonar os seus países.

“A miña vida non é unha historia tráxica”, di Mireille. A súa historia é unha luz de esperanza no medio da desesperanza dun campo de refuxiados. Contaranos a súa historia en primeira persoa, unha historia que fala de dor e de esperanza.


20 de xuño: Día Mundial das Persoas Refuxiadas
máis información:
Sandra Rodríguez Couso
Área de Cidadanía
Fundación Entreculturas
Rúa Santo Agostiño, 2. 15704 Santiago de Compostela
Tfno: 981 58 14 09

Campaña #VindeXa


Asociacións, ONGD, plataformas, universidades e fundacións de todo o Estado sumáronse ata o de agora a esta campaña na que se esixe o cumprimento do Dereito Internacional, os Dereitos Humanos e os compromisos asumidos polo goberno español. Neste enlace atoparedes toda a información da campaña  vinde xa

A campaña ten por obxectivo que o goberno español cumpra o seu compromiso de acoller 17.387 persoas refuxiadas antes do 26 de setembro. Agora só chegaron un 7,5% destas persoas.

Unha das actuacións máis visuais que se poden levar a cabo no marco da campaña é colocar na web , nos mails e nas redes sociais  un contador de tempo con conta atrás que amosa os días, horas, minutos e segundos que quedan ata a data final do 26 de setembro enganche ao contador

xoves, 8 de xuño de 2017

ACAMPA . 15-18 Xuño 2017. A Coruña



ACAMPA é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social…ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.

Abrrá un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente e afondará nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

Crearase  un simbólico «campo de persoas refuxiadas» instalado na Coruña do 15 ao 18 de xuño de 2017. Podemos participar de moitos xeitos: montando unha tenda de campaña como expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio, e nas diferentes actividades que se levarán a cabo no campamento e ao longo do ano.
Aquí o programa completo

Máis información e contacto- acampa@acampa.eu  

FERIA SOLIDARIA- 16 Xuño 2017.Santiago

Dentro das actividades de Compostela Solidaria celebrarase A Feira Solidaria o 16 de Xuño na Plaza Roxa . 

Será un espazo de encontro para visibilizar o traballo das ONG de Desenvolvemento na loita contra as desigualdades e pobreza global; e na que se ofrecerán alternativas para construír, colectivamente, un mundo máis xusto.
Ao longo do día, haberá actividades e postos de venda de produtos de comercio xusto e puntos de información.

De 11 a 14 horas
A Feira contará con actividades dirixidas a nenos e nenas dos centros educativos de Compostela.

De 17 a 20:30 horas
Pola tarde, haberá actividades abertas para todas as idades:
 · obradoiro de construción dun forno solar
· xogos para aprender a consumir responsablemente (Twister do lixo)
 · xogos cooperativos
· obradoiro de construción de biofiltros, unha bomba de mecate con materiais
reutilizables
· elaboración de chapas
· mapamundi xigante: coñezamos o mundo!

aquí o enlace ao Compostela solidaria


“REFUXIAD@S E OLVIDAD@S”- 12 XUÑO . Santiago

Na charla organizada por ENTRECULTURAS falarase da situación das persoas refuxiadas e migrantes na súa fuxida cara a Europa. Terá lugar as 19:00h no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela.

Participarán Foad Alawi, oftalmólogo sirio residente en Galicia; e xornalista e delegado de Entreculturas Vigo. Ao finalizar a charla farase unha visita guiada pola exposición 'Somos Migrantes', que estará aberta do 1 ao 16 de xuño.
José Luis Barreiro,

Enmarcada dentro das actividades de Compostela solidaria programa Compostela Solidaria


domingo, 4 de xuño de 2017

Exposición Entreculturas 'SOMOS MIGRANTES' - 1 ao 16 xuño. Santiago

Desde o día 1 ao 16 de xuño estará aberta no claustro do Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela) a EXPOSICIÓN de Entreculturas "Somos Migrantes", un percorrido a través de impactantes fotografías polas principais fronteiras que nos fan cuestionar o respecto polos dereitos humanos máis fundamentais: a Fronteira Norte (México-EEUU), a Fronteira Sur (Marrocos-España) e a do Mediterráneo Paso do Exeo (Turquía-Grecia)
máis información 
 
Visitas guiadas á exposicion para grupos de alumnos maiores de 14 anos, mércores e xoves de 13:00 a 14:00 horas (previa solicitude no 695 87 34 70)

contacto- Sandra Rodríguez Couso
Área de Cidadanía
Fundación Entreculturas
Rúa Santo Agostiño, 2. 15704 Santiago de Compostela
Tfno: 981 58 14 09


luns, 22 de maio de 2017

Hackathon for refugees - 4 e 5 XUÑO en Lobeira (Ourense)

Hackathon for refugees é un evento sen ánimo de lucro, organizado por Sende en colaboración con Impact Hub Vigo e Arroelo Coworking, que terá lugar do 4 ao 5 de xuño nun inspirador espazo na aldea de Senderiz (Lobeira, Ourense) no parque nacional de Baixa Limia-Serra do Xurés.

Durante as 48 horas de duración, programadores, activistas, creativos, estudiantes, voluntarios e profesionais de organizacións non gubernamentais conviviremos e desenvolveremos, de xeito colectivo e solidario, solucións innovadoras que poidan axudar ás persoas refuxiadas e facilitar o traballo das organizacións que as apoian.
Máis información e inscripcións aquí


venres, 5 de maio de 2017

CAMPAÑA CAMIÑO A XIBUTI - ATA 12 DE MAIO

Dende Accion directa refuxiados de Vigo estan a escomezar unha pequena pero intensa campaña de recollida de fondos para invertir directamente no campo refuxiados iemenies en Djibouti (en Obock) pais do corno de africa. Estiveron traballando con eles en Novembro e este mes un compañeiro ira ata ali a colaborar na educacion e levar a axuda que se  consiga.
 As familias iemenies estan olvidadas olvidadas. Agradécese moito a colaboración e a axuda na difusión da campaña, que rematará o 12 de Maio
Máis información : Iria Ros /  iriaros@gmail.com

 facebook de Accion Directa Refugiados-  https://www.facebook.com/Acci%C3%B3n-Directa-Refugiados-883472648428715/



xoves, 4 de maio de 2017

ANDAINA A FAVOR D@S REFUXIAD@S- - 13 MAIO

A iniciativa está organizada pola Fundación Eira, Médicos do Mundo e AAVV Agra do Orzán.

O obxectivo xeral da actividade é facer un chamamento a favor das persoas demandantes de refuxio, cunha marcha simbólica que terá diferentes puntos de saída e co punto final no centro xeográfico da Galiza, no equipamento da Eira da Xoana.
 
Os puntos de saída para a marcha que temos concretados ata o momento, serán os seguintes:

  • Melide: xardíns do centro de Melide. 10.00 hs.
  • Palas de Rei: praza do Concello. 10.00 hs.
  • Antas de Ulla: praza do Concello. 10.00 hs.
  • Agolada: pendellos de Agolada. 10.00 h.
  • Santiso: praza do Concello. 10.00 hs.

Haberá coches de apoio durante as marchas para recoller ás persoas que o precisen.
PROGRAMA dende a chegada á Eira da Xoana:
  • 13.00 – 14.00 h: Realizaremos saídas colectivas á procura dos coches particulares estacionados nos diferentes lugares de inicio da marcha.
  • 14.30 h: Xantar comunitario. Cadaquém traerá o seu para compartillar.
  • 16.00 h: Inicio do acto no que teremos diferentes intervencións literarias e musicais. De momento teñen confirmada a súa participación:
      Músic@s: Eviña de la Torre, cantareir@s e pandereteir@s.comTIGO,…
      Contacontos: Anxo Moure
Xa podes inscribirte enviándonos un mail a fundacion@eiradaxoana.gal, chamando aos teléfonos
Marcial 638 47 53 22
Pepe Salvadores 659 68 33 84


MIGRANTES, PARTE DA COMUNIDADE - 9 MAIO

A Casa de Cultura e Solidaridade organiza un acto sobre Refuxiad@s e Inmigración. proxectaráse un documental que é unha versión reducida do vídeo nº 242  de 'Voz de los sin voz': "Riace, ejemplo de acogida en Europa".
Contará tamén coa colaboración de Djibril Faye, inmigrante Senegalés.
Terá lugar o martes 9 de Maio as 20:30h , na 'Casa de Cultura y Solidaridad', Rúa Homesanto,47 de Santiago de Compostela.