A iniciativa está organizada pola Fundación Eira, Médicos do Mundo e AAVV Agra do Orzán.
O obxectivo xeral da actividade é facer un chamamento a favor das persoas demandantes de refuxio, cunha marcha simbólica que terá diferentes puntos de saída e co punto final no centro xeográfico da Galiza, no equipamento da Eira da Xoana.
Os puntos de saída para a marcha que temos concretados ata o momento, serán os seguintes:O obxectivo xeral da actividade é facer un chamamento a favor das persoas demandantes de refuxio, cunha marcha simbólica que terá diferentes puntos de saída e co punto final no centro xeográfico da Galiza, no equipamento da Eira da Xoana.
- Melide: xardíns do centro de Melide. 10.00 hs.
- Palas de Rei: praza do Concello. 10.00 hs.
- Antas de Ulla: praza do Concello. 10.00 hs.
- Agolada: pendellos de Agolada. 10.00 h.
- Santiso: praza do Concello. 10.00 hs.
Haberá coches de apoio durante as marchas para recoller ás persoas que o precisen.
PROGRAMA dende a chegada á Eira da Xoana:
- 13.00 – 14.00 h: Realizaremos saídas colectivas á procura dos coches particulares estacionados nos diferentes lugares de inicio da marcha.
- 14.30 h: Xantar comunitario. Cadaquém traerá o seu para compartillar.
- 16.00 h: Inicio do acto no que teremos diferentes intervencións literarias e musicais. De momento teñen confirmada a súa participación:
- Músic@s: Eviña de la Torre, cantareir@s e pandereteir@s.comTIGO,…
- Contacontos: Anxo Moure
Marcial 638 47 53 22
Pepe Salvadores 659 68 33 84