martes, 2 de marzo de 2021

ESCRAVITUDE EN GALICIA- concentración 3 FEB xulgado de Ordes

EMPRESARIO DE SANTA COMBA MANTIÑA ESCRAVOS ENCERRADOS.

CHEGANDO A SECUESTRAR, MANIATAR E GOLPEAR A PUNTA DE PISTOLA

 

 

 

A Rederefuxiadas súmase á campaña que solicita protección para as vítimas ante a Fiscalía e ante a Subdelegación do Goberno na Coruña, algo que normalmente se tramita nestes casos, e tamén solicita que se tomen medidas de control por parte da Xunta de Galicia nas explotacións gandeiras e agrícolas, para que isto non volva suceder .

 

Un empresario da zona de Santa Comba, mantivo traballando en situación de escravitude a varias persoas en situación irregular, sen contratar, abonar ningún salario e pedindo pagamentos por aloxamentos dos que finalmente eran expulsadas ou directamente non existían. O obxecto do contrato eran traballos agrícolas, e as persoas prestaron servizo pechadas en naves e fincas, con prohibición de comunicarse, e obrigadas a agocharse das autoridades (GC e Inspección de Traballo), coa expresa prohibición de contarlle a ninguén a súa situación.

 

Cobroulles sumas entre os 420 € e 1500 € por regularizar a súa situación, autorizacións de traballo e residencia que nunca foron tramitadas. Ademais, encargábase persoalmente da captación, traslado e aloxamento de man de obra gratuíta en situacións inhumanas. A situación chegou ao punto de que un dos traballadores, mentres tomaba probas da súa situación, foi secuestrado, maniatado, golpeado, ameazado a punta de pistola e abandonado nun monte da contorna, co fin de conseguir eliminar esas probas.

 

A Garda Civil, pese a tramitalo coma un caso de trata, non tramitou os mecanismos de protección e autorizacións temporais para as vítimas que normalmente se aplican. A Subdelegación do Goberno tampouco realizou a xestións necesarias e obrigatorias por Lei para outorgarlles a protección. Agora mesmo o proceso continua no xulgado de Ordes. A Fiscalía ten competencias para a protección pero, por motivos descoñecidos, non acudiu ás declaracións das vítimas no Xulgado e tampouco lles ofreceu a oferta de protección por colaboración coa xustiza, algo habitual nestes casos.

 

O empresario ingresou en prisión provisoria pero inexplicablemente foi liberado sen oposición vinte días despois, na actualidade as vítimas atópanse sen protección xudicial e sen as autorizacións de residencia temporais que corresponden neste tipo de casos.

 

Por todas estas razóns, a Rede Galega en apoio ás Persoas Refuxiadas súmase á campaña de mobilización que se está a organizar para defender os dereitos destas persoas e apoia a concentración que terá lugar o mércores 3 de marzo ás 10:00 hs diante do Xulgado de Ordes (lugar no que os tres investigados prestarán declaración polos actos de trata de seres  humanos).

 

Esta campaña parte do Foro Galego de Inmigración e da CUT, que representa os intereses das vítimas. Baixo a lenda "Nin explotación, nin impunidade. Fiscalía e Subdelegación responsábeis" preténdese que a Subdelegación do Goberno na Coruña,  cumpra coa súa obriga de darlles protección e autorizacións temporais ás persoas afectadas.

 

Máis información- 698144229 (Brais ) 687368314 ( Mari Fidalgo) 616871886 (Isabel)

CIRCULO DO SILENCIO-SANTIAGO 4 FEB


Como cada  primeiro noves do mes , quedamos na Praza de Cervantes as 20:00h para lembrar as máis de 40.550 persoas mortas nas rutas de entrada a Europa , para chamar a atención sobre como as políticas migratorias de España e a UE seguen violando os Dereitos Humanos e a lexislación Internacional, seguen matando persoas.

vos agardamos!!



Como cada  primeiro noves do mes , quedamos na Praza de Cervantes as 20:00h para lembrar as máis de 40.550 persoas mortas nas rutas de entrada a Europa , para chamar a atención sobre como as políticas migratorias de España e a UE seguen violando os Dereitos Humanos e a lexislación Internacional, seguen matando persoas.


Os Círculos de Silencio comenzaron en Toulouse a finas de 2007 e actualmente reúnen en Francia a unhas 10.000 persoas de distinta procedencia, en máis de 170 cidades unha vez ao mes. Os círculos pretenden reimplementar unha cultura nonviolenta a través dunha acción accesible a todo o mundo, nunha actitud de respeto frente ao que sufre, e coa mirada en minar o apoyo da sociedad a estas leis inxustas.
Se convoca a todas aquelas persoas que ven a necesidades de unirse para enfrentarse a unhas leis que están machacando a dignidade das personas inmigrantes.

Más información sobre os Círculos do Silencio aquí

domingo, 28 de febreiro de 2021

DISTINTAS ACTIVIDADES- SEMANA DO ANIVERSARIO DO PECHE DE FRONTEIRAS

 Con motivo da conmemoración do terrible peche de fronteiras da UE desde a Rede Galega en Apoio as persoas refuxiadas propoñemos distintas accións que terán lugar por toda Galicia e nas redes sociais , debido ao COVID non imos convocar concentracións nin actos físicos, pero vémonos nas redes sociais!

Aquí algunha propostas:

- Impresión na casa de calquera de estos carteis, recortar e colocar con celo nas fiestras da casa ou  do coche. No caso de ser un colectivo podemos cambiar a dirección do mail pola que teñades, soamente tedes que pedilo pinchando aquí


Tamén incluimos estes dous poemas para mover a través das redes sociais ou imprimir na casa e colocar en sitios visibles: na rúa, no ascensor do teu edificio, nalgún comercio que teña visibilidade coma as panaderías , as farmacias....






Tamén podes axudar movendo nas túas redes este video colectivo que fixemos co poema "Fogar" de Warsham Shire. 




Mil grazas a tod@s por participar, especialmente a Yolanda do Círculo do Silencio de Pontevedra, quen foi quen o editou.


martes, 23 de febreiro de 2021

MIRA CON OUTROS OLLOS- 26F aniversario do peche de fronteiras

Comenzamos a semana do aniversario do terrible peche de fronteiras cun encontro online con Alessandro Forina e Nines Cajudo da  Red Solidaria de Acogida de Madrid, e con Pepa Torres e Manik Manik  da Red Interlavapiés, tamén de Madrid.
Moitas grazas a tod@s @s que participachedes , especialmente a eles por compartir con nós toda a súa experiencia e o formidable traballo que están a facer axudando ás persoas migrantes e refuxiadas.
Aquí tedes máis información sobre estes dous colectivos


RED INTERLAVAPIES







venres, 15 de novembro de 2019

Radio Refugio en Santiago de Compostela

No marco das Xornadas "Combater os discursos do odio" contamos coa presencia de Txema Santana, Houssien El Ouariachi e Natalia Monje. Tivemos a sorte de facer un programa de radio no estudio da Facultade de Ciencias da Comunicación que vos invito a escoitar no enlace.

Tamén tivemos xente da terra, de orixe ou de vida. ¡¡Moi interesante escoitalas a elas!!

Rematamos as xornadas cun coloquio na Facultade de Filosofía que resultou moi autocrítico e sacamos conclusións para a nosa acción e capacidade de diálogo.

Graciñas a eles!!! Por orde: Houssien, Natalia Monje e Txema Santana.







domingo, 22 de setembro de 2019

Boza! Boza! Boza! Encontro con Monseñor Santiago Agrelo o martes 24 en Compostela




Desde a Rede de Apoio ás persoas refuxiadas esiximos unha  política de inmigración e refuxio acorde co respecto aos dereitos humanos. 

Entre as medidas necesarias, salientamos:





1.- Reforma rápida e efectiva da actual Lei de Estranxeiría.

2.- Políticas de Fronteiras, que establezan como principio básico a defensa da vida das persoas migrantes ou refuxiadas.

3.-Compromiso de posta en práctica de  políticas decididas contra as actuacións e as ideoloxías que tentan estender o racismo e a xenofobia.

4.-Concreción práctica e efectiva, mediante un regulamento claro, do decreto para devolver a atención sanitaria ás persoas  migrantes en situación de irregularidade administrativa.

5.- Políticas de asilo e refuxio que garantan o cumprimento dos dereitos humanos. Esiximos que se resolvan de xeito rápido e efectivo as solicitudes de protección do Estado Español.

6.-Eliminación dos campos de persoas refuxiadas en Europa  e dos acordos internacionais da UE que externalizan de forma lamentable o control das fronteiras, provocando decenas de miles de mortes.


O martes 24 de setembro ás 20h convocamos a un encontro con Monseñor Santiago Agrelo que nos traerá a realidade da fronteira sur.

Santiago Agrelo é nomeado Arcebispo de Tánxer polo Papa Benedicto XVI o 11 de abril de 2007. Este feito na súa vida foi unha “revolución”. Tras 12 anos chega a xubilación e actualmente reside en Compostela. Santiago Agrelo sente unha débeda co vivido en Marrocos, coas persoas acollidas, coas persoas que non puideron ser acollidas, con todos eses mozos, mulleres e nenos que morreron cruzando cara Europa, coas persoas que aínda continúan alí agochadas, á espera dunha oportunidade… e por iso, denuncia con forza as responsabilidades políticas. 

Temos, nós e el, VERGONZA, por vivir nunha España na que os políticos, os medios de comunicación e os cidadáns non nos empeñamos por rematar coa vulneración dos dereitos humanos das persoas migrantes, na frontera sur e nas fronteiras interiores que todos os días atopan.



















xoves, 20 de xuño de 2019

COMENZA ACAMPA !!-20xuño- A Coruña


Hoxe comeza ACAMPA en A Coruña , é unha iniciativa cidadana sen fines de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucions  empresas con responsabilidade social.
Ten coma obxetivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito á Refuxio. Promove á participación a a implicación.
Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Profundiza nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

acceso ao programa completo aquí
video 2018 aquí






é unha iniciativa da Plataforma das ONGs,
organizacions e persoas que conforman
Coruña Contra la Guerra
20 ao 23 de Xuño de 2019
Jardines de Méndez Núñez - A Coruña


plano ACAMPA 2019

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS REFUXIADAS- 20 DE XUÑO


domingo, 16 de xuño de 2019

GALA SOLIDARIA "DESTERRADOS"- 16 xuño. Santiago

Gala benéfica en favor de Proactiva Open Arms



O domingo 16 de xuño diversos artistas compartirán o seu traballo de xeito altruísta para “axudar a quen axuda”. O Acto vai ter lugar a partir das 20hs no Teatro Principal de Santiago, será presentado por Carmen Conde e participarán os seguintes artistas: Tato López & Cía, Tanxugueiras, Marcos Teira & Ton Risco (flamenco), Barullo Tango, Konafro (percusión africana) o Coro da Rá, Vero Rilo, Luz Fandiño, Angeles Goás e Avelino González.

Toda a recaudación será destinada a “Proactiva Open Arms”, unha ONG que traballa activamente salvando vidas no Mediterráneo e nos campos de refuxiad@s. A entrada e libre pero se pide unha aportación voluntaria e consciente. Tamén habilitouse unha “fila 0” coa que todo o mundo pode participar nesta causa solidaria ainda que non poida asistir físicamente: ES3714910001293000076060.

A iniciativa xorde do cantautor Tato López, compositor da canción "Desterrados", que desde o comezo tivo a intención de que o seu tema servise para visibilizar o problema d@s desterrad@s e axudar, dalgún modo, a resolvelo. Hai un ano, sumou ao compositor e pianista Alejandro Vargas, que resultou autor dos arranxos.Convocaron tamén a outros músicos e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a canción quedou gravada.
Tato López e colaborador da “Rede Galega de Apoio a Persoas Refuxiadas” e levou a súa proposta unha vez que todo estivo listo. Coa vontade de facer rede e sumar esforzos, contactou co resto de artistas que participan da Gala.

Será unha noite única e máxica pola posibilidade de axudar, e tamén pola xuntanza no escenario de artistas tan diversos. Unha noite tinguida pola música, a palabra e o compromiso con quen nos necesita.

vos esperamos!!




 bota un ollo aos videos de presentación

entrevista a Alejandro Vargas
pianista e escritor 
accede ao video aquí


Ángeles Goas, 
contadora
accede ao video aquí



Máis información e contacto:
Tato López: 617 935 073

Rede Galega de Apoio a Persoas Refuxiadas: 662307019 (Miguel)

SEMANA DA INTEGRACIÓN - 12 ao 21 xuño. Santiago

A Universidade de Santiago de Compostela celebra entre os días 12 e 21 de xuño a Semana da Integración, no marco do proxecto de apoio a persoas refuxiadas UNINTEGRA que coordina o Servizo de Relacións Exteriores da USC. O obxectivo deste proxecto é promover o apoio á integración de persoas refuxiadas proporcionándolles recursos e ferramentas para a súa inclusión e incidindo na sensibilización das comunidades de acollida.
A Semana da Integración arrancou mércores 12 de xuño ás 20:00 horas coa inauguración da Exposición PERSOAS, de Patricia Muñiz e Gabriel Tizón, na Sala de Artesoado do Colexio de Fonseca. A mostra permanecerá aberta desde o 12 de xuño ata o 13 de xullo de 2019.
O xoves 13 tivo lugar a mesa redonda ‘Encontro’, coa participación dunha serie de mulleres que, a través da súa experiencia directa ou de apoio a outras, amosaron a situación da solicitante de asilo e refuxiada, dando visibilidade á súa problemática específica e explorando horizontes de cooperación para a súa integración na sociedade de acollida. Esta actividade, programada para as 19:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, estivo moderada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, María del Mar Lorenzo Moledo. A actividade contou coa participación da presidenta do Grupo Parlamentario Saharaui no Parlamento Africano, Suelma Beiruk; a encargada de SAWT, asociación sirio-galega en pro das persoas refuxiadas sirias en Galicia, Fadile Tibisay, e Katherin A. Belgrave, solicitante de asilo procedente de Venezuela.
Durante a segunda semana do evento, o día 18 de xuño, terán lugar as conferencias ‘Xeopolítica e refuxiados ambientais: un encontro cara ao desastre’ impartida por José Julio Fernández Rodríguez, director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) da USC, e ‘Intervencións sanitarias en rescates de misións humanitarias en Frontex (Axencia Europea de Fronteira e Costas)’ a cargo de Miguel Ángel Iglesias Blanco, capitán enfermeiro da Garda Civil e xefe do Servizo de Asistencia Sanitaria da Comandancia de Lugo.
O elenco de actividades pecharase o venres 21 coa conferencia ‘Haití, terra de loita e vulnerabilidade’, impartida por Ana Isabel Martín, arquitecta especialista en cooperación internacional e colaboradora en diferentes ONGs coma Cruz Vermella e Arquitectura sen Fronteiras, e Michael Salvini, experto en Relacións Internacionais e cooperante na reconstrución de Haití. A este relatorio seguiralle a mesa redonda ‘Desde a realidade’ coa participación engadida de Patricia Muñiz, arquitecta especialista en vivendas para refuxiados e desprazados internos, e Gabriel Tizón, fotógrafo con máis de 20 anos de experiencia reflexando as realidades máis próximas do ser humano. Nesta sesión proxectarase ademais o documental ‘El Sueño Europeo: Serbia’, producido polo xornalista independente, especializado en Dereitos Humanos e realizador Jaime Alekos.
A Sala Numax acollerá tamnén una ciclo de cine, composto tanto por filmes de ficción e documental, todos eles sobra a realidade das persoas refuxiadas.
acceso ao programa completo aquí