Desde a Rede de Apoio ás persoas refuxiadas esiximos unha política de inmigración e refuxio acorde co respecto aos dereitos humanos.
Entre as medidas necesarias, salientamos:
1.- Reforma rápida e efectiva da actual Lei de Estranxeiría.
2.- Políticas
de Fronteiras, que
establezan como principio básico a defensa da vida das persoas migrantes ou
refuxiadas.
3.-Compromiso de posta
en práctica de políticas decididas
contra as actuacións e as ideoloxías que tentan estender o racismo e a
xenofobia.
4.-Concreción práctica
e efectiva, mediante un regulamento claro, do decreto para devolver a
atención sanitaria ás persoas migrantes
en situación de irregularidade administrativa.
5.- Políticas de
asilo e refuxio que garantan o
cumprimento dos dereitos humanos. Esiximos que se resolvan de xeito rápido e efectivo as solicitudes de protección do Estado Español.
6.-Eliminación dos
campos de persoas refuxiadas en Europa e
dos acordos internacionais da UE que externalizan de forma lamentable o
control das fronteiras, provocando
decenas de miles de mortes.
O martes 24 de setembro ás 20h convocamos a un encontro con Monseñor Santiago Agrelo que nos traerá a realidade da fronteira sur.
Santiago Agrelo é nomeado Arcebispo de Tánxer polo Papa Benedicto XVI o 11 de abril
de 2007. Este feito na súa vida foi unha “revolución”. Tras 12 anos chega a xubilación e actualmente reside en Compostela. Santiago Agrelo
sente unha débeda co vivido en Marrocos, coas persoas acollidas, coas persoas
que non puideron ser acollidas, con todos eses mozos, mulleres e nenos que
morreron cruzando cara Europa, coas persoas que aínda continúan alí agochadas, á espera dunha oportunidade… e por iso, denuncia con forza as
responsabilidades políticas.
Temos, nós e el, VERGONZA, por vivir nunha España
na que os políticos, os medios de comunicación e os cidadáns non nos empeñamos
por rematar coa vulneración dos dereitos humanos das persoas migrantes, na
frontera sur e nas fronteiras interiores que todos os días atopan.