Gala benéfica en favor de Proactiva Open Arms
O domingo 16 de xuño diversos artistas
compartirán o seu traballo de xeito altruísta para “axudar a quen axuda”. O
Acto vai ter lugar a partir das 20hs no Teatro Principal de Santiago, será
presentado por Carmen Conde e participarán os seguintes artistas: Tato López
& Cía, Tanxugueiras, Marcos Teira & Ton Risco (flamenco), Barullo
Tango, Konafro (percusión africana) o Coro da Rá, Vero Rilo, Luz Fandiño,
Angeles Goás e Avelino González.
Toda a recaudación será destinada a “Proactiva Open Arms”, unha
ONG que traballa activamente salvando vidas no Mediterráneo e nos campos de refuxiad@s. A entrada e libre pero se pide unha
aportación voluntaria e consciente. Tamén habilitouse unha “fila 0” coa que
todo o mundo pode participar nesta causa solidaria ainda que non poida asistir
físicamente: ES3714910001293000076060.
A iniciativa xorde do cantautor Tato López, compositor
da canción "Desterrados", que desde o comezo tivo a intención de
que o seu tema servise para visibilizar o problema d@s desterrad@s e axudar, dalgún modo, a
resolvelo. Hai un ano, sumou ao compositor e pianista Alejandro Vargas,
que resultou autor dos arranxos.Convocaron tamén a outros músicos e alumnos do
Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a canción quedou gravada.
Tato López e colaborador da “Rede Galega de Apoio a
Persoas Refuxiadas” e levou a súa proposta unha vez que todo estivo listo. Coa
vontade de facer rede e sumar esforzos, contactou co resto de artistas que
participan da Gala.
Será unha noite única e máxica pola posibilidade de
axudar, e tamén pola xuntanza no escenario de artistas tan diversos. Unha noite
tinguida pola música, a palabra e o compromiso con quen nos necesita.
vos esperamos!!
entrevista a Alejandro Vargas
pianista e escritor
accede ao video aquí
Ángeles Goas,
contadora
accede ao video aquí
Máis
información e contacto:
Tato López:
617 935 073
Rede Galega
de Apoio a Persoas Refuxiadas: 662307019 (Miguel)