Se celebrarán as xornadas '''REFUXIAD@S, RESPOSTAS SOLIDADRIAS'' en Coruña, Vigo, Santiago e Ferrol, coa intención de presentar exemplos de accións solidarias ante o peche das fronteiras, buscando alternativas que poidamos aplicar aquí . Máis información aquí
Ademáis se convocan movilizacións con mesas informativas en distintas cidades:
VIGO- SÁB 24 - 18h..... Manifestación da farola de Urzáiz
SANTIAGO - DO 25- 12h. Concentración na praza do Toural
A CORUÑA - DO 25 -12h. Concentración na Praza do Obelisco
VILAGARCÍA- SÁB 24 - 13:30h. Concentración na Praza de Galicia
FERROL- pendente de confirmar
PONTEVEDRA-pendente de confirmar
LUGO-pendente de confirmar
OURENSE-pendente de confirmar
RIBEIRA-pendente de confirmar
LALIN-pendente de confirmar
SILLEDA-pendente de confirmar
leer o MANIFESTO abaixo de todo
A CORUÑA
FERROL
SANTIAGO
VILAGARCÍA
MANIFESTO:
NON NO NOSO NOME !
Resulta vergoñento
ter que realizar convocatorias que reivindican o evidente.
Vivimos un momento
histórico e somos conscientes de que os gobernos europeos andan actuando contra
o principio de que os seres humanos, sen distinción algunha, deben gozar dos Dereitos
e liberdades fundamentais.
Fronte ás
esixencias dos pobos de Europa, a Unión Europea, cuxo ideólogo. Schuman, cinco
anos despois da fin da II Guerra Mundial, propuña a libre circulación do aceiro
e do carbón entre países sen custos de aduanas, chamando a isto solidariedade, a UE fortifícase de novo e medra en dirección oposta a calquera principio
solidario.
Por cada valado,
cada muro, unha mafia lúcrase co pouco que lles queda aos que chegan ás nosas
fronteiras. Mulleres e cativas son
violadas como pago para cruzar fronteiras e sometidas aos abusos sexuais
dende a súa orixe ata chegar a un lugar seguro.
A Europa Fortaleza
é unha Europa Criminal porque é consciente do tráfico de persoas que supón o incumprimento dos acordos de
Xenebra. Externaliza fronteiras e
militariza os mares, dende hai xa demasiados anos, xa sexa na Fronteira Sur,
con Marrocos, ou agora en Turquía coa máis recente crise migratoria.
Paga millóns de
euros a países que non aproban en materia de Dereitos Humanos, para que fagan o
traballo sucio ou deixa morrer no mar coa súa política exterior , a persoas que
buscan poñerse a salvo dunha situación tremendamente conflitiva e dura como
táctica disuasoria. Se ven que morren, outros non virán, deben pensar.
A Fortaleza de
Europa evidencia hoxe a súa maior debilidade; a solidariedade fracasou por
vontade dos seus gobernantes cuxas
decisións deberán ser xulgadas, porque estamos cansas de que as súas
actuacións que implican o custo de vidas humanas, queden inmunes. A omisión é asasinato.
Somos os pobos
europeos os que dicimos NON, A ESTA
EUROPA FORTALEZA, cuxa estrutura separa, ademais, a ricos e pobres.
Queremos derrubar o
muro de prepotencia e insolidariedade que levantou a Europa Fortaleza
baseándose no egoísmo e na xenofobia fronte a quen fuxe do horror. Imos tirar
os bloques que esconden o esquecemento de que fomos o escenario da II Guerra
Mundial, faremos cascallos desta muralla da vergonza porque a ninguén demos
permiso para levantar fronteiras.
Dende este lado do
muro, dicímoslles aos gobernos da Europa Fortaleza:
· Que deben suspender decontado o acordo con
Turquía e se desculpar por desoír as protestas contra a súa firma que
supón violar de xeito soterrado a Lei
Universal dos DDHH, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e o Dereito
Internacional en xeral, concretamente a Carta de Dereitos Fundamentais, que
prohibe explicitamente no seu artigo 19 as expulsións colectivas.
· Esiximos á Europa Fortaleza
a que no canto de enviar buques de guerra da OTAN ao Exeo, de máis de cinco
metros de altura cos que non vai realizar ningún rescate no mar, habilite vías seguras para garantirlles a
vida e a dignidade humana nas diferentes etapas do seu desprazamento
forzado e destine recursos do gasto
militar para políticas de acollida.
· Opoñémonos á política de cotas, pero xa
pasaron dous invernos dende que se acadou o acordo de acoller a 160.000 persoas,
que só representan un 0,03% da poboación total da UE, sen que se teña producido
a súa acollida e esiximos que se cumpra o acordo de forma urxente. A crueldade dos nosos gobernantes afástanos
e humíllanos. Se non saben como facelo, pregunten a Canadá, un país
alongado pero con vontade política e compromiso.
· Esiximos que se poña dunha
vez en marcha medidas excepcionais como
o visado humanitario que permita a solicitude de asilo dende un terceiro país.
· Pedimos que
se cumpran os prazos para a eliminación de fronteiras entre países da UE, o
coñecido espazo Schengen, que en troques de se eliminar reforzouse entre os
países que forman a Unión.