9 de Decembro- Ribeira
18 de Decembro -Santiago
Os setenta colectivos que integran a Rede Galega de Apoio
ás Persoas Refuxiadas esiximos que España deixe de violar os Dereitos Humanos e
de incumprir a lexislación internacional.
Con motivo do
Día Mundial dos Dereitos Humanos, que se celebrou o pasado 10 de Decembro e do
Dia Mundial das persoas migrantes que se celebra o 18 de Decembro, arrancamos
a campaña 'Non no noso nome',
coa seguridade de que esta terrible situación soamente cambiará cunha presión
social que obrigue ao Goberno a tomar medidas inmediatas en materia de acollida
e a cambiar a lexislación.
España está violando a Carta Internacional dos
Dereitos Humanos, a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a Convención Europea
sobre Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como
diversas directivas de asilo europeas.
Temos tamén
que recordar que Europa, ao incumprir o artigo 14 da Declaración Universal dos
Dereitos Humanos, negando o dereito ao asilo/refuxio, e prohibindo a entrada ás
persoas que migran fuxindo da guerra, conseguiu facer do Mediterráneo a maior
foxa común do mundo, na que xa perderon a vida máis de 25.000 persoas.
Pedimos tamén
a dimisión do Ministro do Interior Juan
Ignacio Zoido pola incompetencia do Goberno Español para cumprir o ridículo
acordo coa UE de acoller soamente a 17.387 persoas, das que en máis de 2 anos soamente
chegaron 2.431 dun total
de 4.815.868 só de refuxiados sirios.
Consideramos tamén importante resaltar
o inadmisible papel de España
incumplindo tamén da lei dentro das nosas fronteiras: O internamento ilegal
de migrantes en cárceres, CIES onde se violan sistemáticamente os seus dereitos
máis básicos. As devolucións en quente contra as que xa dictou sentencia o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ,confirmando
xa o pasado més de Outubro que as expulsións inmediatas levadas a cabo en
Melilla violan o Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.
Solicitamos o
inmediato levantamento das fronteiras interiores, que día a día pon trabas
violando os dereitos básicos dos nenos cando lles negamos acceso as axudas que
necesitan para a súa escolarización, ou cando discriminamos aos migrantes do
sistema sanitario, con numerosos casos nos que se lles negou a asistencia de
maneira ilegal, pois lembremos que os nenos , as embarazadas e nas urxencias
teñen dereito por lei.
É totalmente
inadmisible que exisamos que unha persoa migrante teña soamente un mes de prazo
para regularizar administrativamente a súa situación desde que cruza a
fronteira, e a lista de espera para poder formalizar os papeis sexa na
actualidade de un mes e quince días. Exiximos que se tomen medidas inmediatas
por parte da Xunta de Galicia e por parte do Goberno de España para que se
deixe de incumplir a lei no noso nome.
Queremos
agradecer o apoio nesta concentración de Amnistía Internacional, do seminario
Galego de Educación para a Paz, Médicos do Mundo , de Somos Refuxio do Barbanza
e das Marchas da Dignidade.
Pedimos a participación activa de toda a
sociedade dándolle difusión a esta terrible realidade, apoiando as campañas de
sinaturas on line e asistindo ás mobilizacións e concentracións.