domingo, 23 de abril de 2017

ENCONTRO CON DJIBRIL FAYE - Santiago de Compostela

O próximo mércores 26 de Abril, ás 20h, na Asociación Veciñal A Xuntanza  vai ter lugar un encontro con Djibril Fayé, inmigrante senegalés que chegou hai 10 anos ao noso país. Djibril falaranos da súa experiencia persoal de fuxida do seu país, Senegal, e acollida en Galicia, onde colabora na ONGd Ecos do sur, (www.ecosdosur.org) unha Organización de A Coruña que se dedica á cooperación e integración de persoas migrantes. O encontro está organizado pola Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Compostela, e conta co apoio da Asoc. Veciñal A Xuntanza do Barrio de San Pedro e a Asoc. de Mulleres Recandea.
A Rede en Apoio a Persoas Refuxiadas está composta por diferentes organizacións, ONG e colectivos que queren visibilizar na nosa cidade o problema humanitario que está a supoñer a mala xestión migratoria da UE e do Estado Español. Con este acto queremos poñer cara e voz ao problema da migración no noso país, resolver dúbidas e disipar prexuízos sobre as persoas migrantes e refuxiadas. Ademais, aproveitaremos o acto para presentar no Barrio de San Pedro de Santiago a campaña de recollida de firmas que a Rede está a poñer en marcha para esixir ao goberno que cumpra os compromisos de acollida que ten subscrito ante a UE, e a anulación do acordo entre UE e Turquía así coma tódolos tratados que están a supoñer un risco na garantía de cumprimento da Declaración dos Dereitos Humanos.
Esperamos contar coa vosa presenza para ir derrubando barreiras e prexuízos nas cuestións de migración, asilo e refuxio.

Marisa Vidal Collazo
Tfno 676 180 127
RAPR Santiago

NO MEU COLE EU ACOLLO

Dende Vivo en Ames estase a apoiar a campaña de Bienvenidos Refugiados a realizar nos coles. Debaixo atopáse a informacion da inicitiva, tamén ofrécense a achegarse  aos coles para explicar mellor a situación. Para máis información pódese contactar con Mertxe no 68705635 ou no mail vivoenames@gmail.com
campaña:

 “NO MEU COLE EU ACOLLO”

Entendemos que a crisis humanitaria que estamos presenciando non é temporal, nin vai a ter un final co ansiado fin da guerra en Siria. Os movementos migratorios actuais van en aumento, sea por causas bélicas, económicas ou climáticas (hambruna e sequía).

Polo tanto consideramos que é moi importante a CONCIENCIACIÓN nos colexios. Os nosos fillos deben ser conscientes do que está a pasar, de que hai moita xente que lles necesita e que, tal vez, algún día sean eles os que necesiten pedir asilo noutro país.

Polo tanto propoñemos o seguinte a todos os Colexios, Centros de Educación, AMPAS, nais e pais :


Nas clases dos colexios deixarase un pupitre libre á espera da chegada dun neno ou nena  refugiada (simbólicamente ou non).

Ata o 5 de MAIO de 2017, os colexios poden colaborar enviándonos ás fotos ou vídeos de cada unha das clases onde teñan deixado ese pupitre vacío, subindoo tamén á páxina do colexio, ou da do AMPA, enviándolas aos medios, etc. Respetando sempre os dereitos de imaxe que teña cada neno (autorizacions de pais e nais)

Os documentos gráficos que pódense enviar son:
- Unha foto do pupitre na clase, cun cartel encima que poña “Reservado”, “Te esperamos”, ou o que prefiran, e os hashtag  #NoMeuColeEuAcollo   #EnMiColeYoAcojo. Os nenos poden  estar de espaldas ou como si estiveran estudiando nunha situación cotidiana… ou como o seu profesor lo considere.
Se algún niño non ten firmada a autorización para ser fotografiado, se pixela la cara ou simplemente non sale (Ley de Protección de Menores/Derechos de Imagen).
- Un vídeo corto, mostrando a clase e os nenos  dicindo algunha frase como a do hashtag, ou a que se lles ocurra a eles, decíndoo todos á vez, de un en un, como queiran.

Envío a bienvenidosrefugiadosespana@gmail.com co asunto: "No meu cole, eu acollo."

A partir do 5 maio, vaise organizar todo o material recibido, e concretarase a data  para lanzar a campaña a través das redes coas fotos e vídeos, etiquetando ao Ministerio de Educación, de Interior e ao Goberno central. O faremos en todos os idiomas oficiales/cooficiales do estado español: castelán, euskera, galego, catalán, aranés.
O noso obxetivo é conseguir que participe na campaña o maior número de centros educativos posibles, que os grupos de voluntarios, plataformas ou Asociacións locais tomen a iniciativa de xestionarlo en cada rincón de España. Para iso, igual que o publicamos aquí, enviaremos un mail a cada plataforma local, aos medios de comunicación e a CEAR, Accem e Cruz Vermella Española, as 3 ONG elexidas polo Goberno para a acollida de refuxiados e xestión das peticions de asilo.

¿Empezamos? ¡DIFUNDE! ¡ACTÚA! ¡TOMA A INICIATIVA! ¡COLABORA! ¡fai partícipe aos nenos da TUA SOLIDARIDADE!
#NoMeuColeEuAcollo   #EnMiColeYoAcojo