xoves, 21 de decembro de 2017

URXENCIA- NECESARIA ACOLLIDA-No acogida a 90 personas migrantes recién llegadas Motril - Almería


NOS MANDAN ESTA MENSAXE DESDE BIENVENID@S REFUGIAD@S

Buenas noches compañeras,

Desde la Coordinadora de Barrios, Red Interlavapiés, Asociación Sin Papeles de Madrid, Abraza Africa y la Red Solidaria de Acogida, se ha puesto una queja al Defensor del Pueblo dirigida hacia la Secretaría General de Emigración e Inmigración:

Desde distintas asociaciones y colectivos de defensa de los derechos de las personas migrantes, hemos detectado la situación de extrema vulnerabilidad de unas 90 personas, que han llegado a las costas de Almería y Motril el día 13 de diciembre y que se encuentran en situación de calle por no haber sido acogidas en el programa de Atención Humanitaria (Real Decreto 441/2007 de 3 de abril) dependiente de su Secretaría.

Estas personas se encuentran en situación de sinhogarismo, viéndose absolutamente imposibilitada la satisfacción de sus necesidades más básicas y encontrándose muchas de ellas gravemente traumatizadas por el proceso migratorio, a lo que se añaden casos de personas en situación de especial vulnerabilidad como posibles menores y personas susceptibles de protección internacional.

Pedimos a la Secretaría General de Emigración e Inmigración que realice la acogida regulada en plazas de Atención Humanitaria según el Real Decreto 441/2007 de 3 de abril para todas estas personas de forma urgente para dar respuesta a la situación de emergencia actual, que es el objeto para el que entendemos que han sido creadas y que arbitre las medidas necesarias para el incremento de las plazas de manera que éstas sean suficientes para las personas susceptibles del programa como consideramos es el caso.

Tenemos constancia de la llegada de al menos 15 de estas personas a Madrid, y de que se han hecho llegar a entidades que gestionan plazas de Atención Humanitaria dependientes de su Secretaría.

Para contrarrestar la incapacidad de nuestra Secretaría General de Emigración e Inmigración y a la espera de soluciones, os escribimos para que en el caso de que tengais disponibilidad de acogida para estas personas o conozcais de alguien que pueda hacerlo, no dudéis en responder a bienvenidarefugiadxs@gmail.com .

¡Difundid!, 
Gracias compañeras, un saludo,

Red Solidaria de Acogida


más info sobre Red Solidaria de Acogida





21 DEC- Reunión da Rede Acampa - A Coruña

Reunión da Rede de Acampa cos seguintes temas:
  • Avaliación de Acampa 2017
  • Vídeos de difusión de Acampa de cada colectivo participante
  • Próxima edición de Acampa
  • Forma de traballo da Rede
Por suposto, podes propoñer máis temas.

A reunión será no local de Amnistía Internacional (R/ Rafael Alberti, 5, 1º C) o vindeiro xoves ás 20:00 h.

máis info sobre ACAMPA aquí





domingo, 17 de decembro de 2017

CONCENTRACIÓNS -DIA MUNDIAL DOS DEREITOS HUMANOS -NON NO NOSO NOME-

9 de Decembro- Ribeira
18 de Decembro -Santiago

Os setenta colectivos que integran a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas esiximos que España deixe de violar os Dereitos Humanos e de incumprir a lexislación internacional. 
Con motivo do Día Mundial dos Dereitos Humanos, que se celebrou o pasado 10 de Decembro e do Dia Mundial das persoas migrantes que se celebra o 18 de Decembro, arrancamos a campaña 'Non no noso nome', coa seguridade de que esta terrible situación soamente cambiará cunha presión social que obrigue ao Goberno a tomar medidas inmediatas en materia de acollida e a cambiar a lexislación.
España está violando a Carta Internacional dos Dereitos Humanos, a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a Convención Europea sobre Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como diversas directivas de asilo europeas.
Temos tamén que recordar que Europa, ao incumprir o artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, negando o dereito ao asilo/refuxio, e prohibindo a entrada ás persoas que migran fuxindo da guerra, conseguiu facer do Mediterráneo a maior foxa común do mundo, na que xa perderon a vida máis de 25.000 persoas.
Pedimos tamén a dimisión do Ministro do Interior Juan Ignacio Zoido pola incompetencia do Goberno Español para cumprir o ridículo acordo coa UE de acoller soamente a 17.387 persoas, das que en máis de 2 anos soamente chegaron 2.431 dun total de 4.815.868 só de refuxiados sirios.
Consideramos tamén importante resaltar o inadmisible papel de España incumplindo tamén da lei dentro das nosas fronteiras: O internamento ilegal de migrantes en cárceres, CIES onde se violan sistemáticamente os seus dereitos máis básicos. As devolucións en quente contra as que xa dictou sentencia o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ,confirmando xa o pasado més de Outubro que as expulsións inmediatas levadas a cabo en Melilla violan o Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.

Solicitamos o inmediato levantamento das fronteiras interiores, que día a día pon trabas violando os dereitos básicos dos nenos cando lles negamos acceso as axudas que necesitan para a súa escolarización, ou cando discriminamos aos migrantes do sistema sanitario, con numerosos casos nos que se lles negou a asistencia de maneira ilegal, pois lembremos que os nenos , as embarazadas e nas urxencias teñen dereito por lei.
É totalmente inadmisible que exisamos que unha persoa migrante teña soamente un mes de prazo para regularizar administrativamente a súa situación desde que cruza a fronteira, e a lista de espera para poder formalizar os papeis sexa na actualidade de un mes e quince días. Exiximos que se tomen medidas inmediatas por parte da Xunta de Galicia e por parte do Goberno de España para que se deixe de incumplir a lei no noso nome.

Queremos agradecer o apoio nesta concentración de Amnistía Internacional, do seminario Galego de Educación para a Paz, Médicos do Mundo , de Somos Refuxio do Barbanza e das Marchas da Dignidade.
Pedimos a participación activa de toda a sociedade dándolle difusión a esta terrible realidade, apoiando as campañas de sinaturas on line e asistindo ás mobilizacións e concentracións.

'NON NO NOSO NOME '!!!





17 DIC- REBAIXAS EN DEREITOS HUMANOS- Santiago

Con motivo do Dia Internacional do Migrante o partido SAIN convoca unha xuntanza as 18:30h no bar SCQ ( Rúa das Orfas)
Nos invitan a ver unha curta sobre migración e a continuación faráse pola cidade unha pegada de mensaxes de denuncia da situación e solidaridade coas persoas migrantes.


máis información aquí

mércores, 29 de novembro de 2017

CONCENTRACIÓNS POLO PECHE DOS CIES


1 e 2 DEC- A CORUÑA ' UNHA EUROPA PARA AS PERSOAS DESDE UNHA PERSPECTIVA GLOBAL


2 DEC- VIGO- A Crise das persoas refuxiadas


O CONCELLO DE SANTIAGO PIDE A RETIRADA DO PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS

A REDE no coloquio- OBRA DE TEATRO 'O VALO'

ACCIÓNS POLA RETIRADA DO PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS

22 de setembro- ROLDA DE PRENSA NO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario EnMarea presentou nunha rolda de prensa a súa proposta parlamentaria lembrando os compromisos acordados pola UE, esixindo que se poñan os recursos para cumprilos

MOSTRA DO POSIBLE- 20 setembro -Cangas

MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN NAS MOVILIZACIÓNS DO FIN DO PLAZO

Desde a Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas queremos das as grazas a todos os que apoiachedes as movilizacións para pedir que Europa cumprise cos Dereitos Humanos e, que coma primeiro plaso, abrise a porta a todas as persoas refuxiadas que tiña como compromiso entre os propios Gobernos europeos desde fai dous anos.

Queremos especialmente agradecer aos amigos que cada día viñeron a axudarnos a que este tema fose un pouco más visible: Alfonso Zarauza, Moncho Fernández, Andrés Torres Queiruga, Uxía Senlle, O coro 'Si Vis me cánere' Marilar Aleixandre . Carlos Blanco, O Coro da Rá,  O Coro da Escola Estudio, Coro Encaixe. Coro sin nombre e Picoro .

martes, 19 de setembro de 2017

REMATA O PRAZO- MOBILIZACIÓNS DO 19 ao 30 . Setembro 2017

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca mobilizacións en toda Galicia con motivo do fin de prazo que tiña o Estado Español, no marco dun acordo da Unión Europea, para acoller a 17.337 persoas refuxiadas. En dous anos só acolleu a 1.983 persoas refuxiadas de máis de 5.500.000 persoas vítimas da guerra que tiveron que saír do seu país e piden refuxio.

A CORUÑA- SÁBADO 30- 18:30h.Subdelegación do Goberno 
FERROL.......SÁBADO 30- 11:30h. Praza de Armas

SANTIAGO-CONCENTRACIÓNS AS 20:00H DO 19 ao 26 -PLAZA DO TOURAL Cada día soará unha alarma e leerase un manifesto, contando coa presenza de destacada de actores coma Carlos Blanco e Monti Castiñeiras, o entrenador do Obradoiro Moncho Fernández, a cantante Uxía Senlle, Marilar Aleixandre, os directores de cine Alfonso Zarauza e Fernando Cortizo, e o teólogo Andrés Torres Queiruga. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar

PONTEVEDRA. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
VIGO ..................SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
OURENSE...........SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
CANGAS..............SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar



AS CIFRAS
1.983 persoas. Trátase  dunha cifra miserable, ridícula para as capacidades de acollida dun Estado como o Español, que recibe anualmente máis de 60 millóns de turistas e cun potencial demográfico de máis de 45 millóns de habitantes. É totalmente inxustificable a desidia máis absoluta, a falta de humanidade do goberno español, diante ademais dunha importante resposta solidaria por parte da sociedade civil.


OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN
O impresentable acordo da Unión Europea con Turquía (asinado en marzo do 2016) explica esta situación: os europeos pechamos as nosas fronteiras e enviamos de maneira forzosa á xente para Turquía, a campos de concentración de onde non poden saír. Conseguiuse establecer unha fronteira terrible (un inmenso campo de concentración de persoas) nun país alleo á U.E. e no que as garantías democráticas están seriamente comprometidas.


SOMOS CULPABLES DAS MORTES NO MEDITERRÁNEO
Ese acordo forzou ás persoas a buscar rutas alternativas máis perigosas, conseguindo que milleiros morreran nos últimos dous anos tentando achegarse aos países da Unión Europea, no mar Mediterráneo e noutras fronteiras físicas e burocráticas que mantemos e reforzamos para impedir a acollida destas persoas que foxen da guerra e da morte. Incumprindo e negando un dereito humano fundamental (o do refuxio) por parte de gobernos teoricamente democráticos.
Esas fronteiras que provocan mortes tamén as temos no Estado Español e son responsabilidade dun goberno que ademais, coma outros europeos, orixina as situacións de guerra, morte e miseria coa súa propia política exterior , dos países da U.E. e do chamado “Mundo Occidental”.


A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS leva case dous anos  denunciando esta situación e defendendo a mesma idea: RACHEMOS COAS FRONTEIRAS, NON ÁS GUERRAS. Comprometémonos despois desa data a continuar cunha mobilización social que obrigue ao  noso goberno central e ao resto de gobernos da U.E. a mudar as  súas políticas , a cumprir coas súas obrigas e coa lexislación internacional.


É UNHA CUESTIÓN DE HUMANIDADE, NON PODEMOS CONSENTIR QUE EN ESPAÑA SE INCUMPRAN OS DEREITOS HUMANOS.

  As cousas poden cambiar, colabora como voluntari@ con nós, difunde e participa!
                        mail- rederefuxiadas@gmail.com   T   662.307.019 – 616.871.886

mércores, 16 de agosto de 2017

SOLICITEMOS A RETIRADA DO PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS A LA UE

Desde a Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas solicitamos a retirada deste surrealista premio otorgado a unha Unión Europea que incumple as leis internacionais ó negar refuxio aos que fuxen da morte e da guerra, pechando ilegalmente as fronteiras e incumplindo cos Dereitos Humanos. Accede ao blog da campaña aqui
Solicitamos o apoio á campaña de SINATURAS ONLINE da Red caravana Abriendo Fronteras, que apoia o comunicado da Coordinadora de ONGD de Asturias do 22 de Xuño. Ver comunicado e asinar aquí
Tamén solicitamos a participación na campaña DE ENVIO DE POSTAIS , enviando por correo ordinario unha postal aos catro responsables do Premio. Para ver e imprimir parte de diante e parte traseira



 O Premio Princesa de Asturias de Concordia 2017 non debe ser otorgado á UE, xa que os Gobernos europeos e a propia UE actúan de forma inmoral e ilegal, aplicando acordos como o que se asinou o ano pasado con Turquía que aproba a expulsión das persoas que chegan a Grecia , Violando a Carta Internacional dos Dereitos Humanos, a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a Convención Europea sobre Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como diversas Directivas de Asilo Europeas. Este acordó é inmoral e tamén ilegal, a súa aplicación é un risco para a vida das persoas.

O acordo da Vergoña xunto coas medidas tomadas unilateralmente polos Estados membros, que impiden a entrada de solicitantes de asilo no seu territorio non contribúen a unha solución, e conducen á apertura doutras rutas máis perigosas e custosas para os refuxiados, como O Mediterráneo central, o máis mortal do mundo.

Do mesmo xeito, hai que ter en conta que a UE utiliza a Axuda Oficial para o Desenvolvemento como medio para impoñer políticas de control fronteirizas e como un instrumento de chantaje aos países de orixe.
A Convención Europea para a Protección dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais, asinada en Roma en 1950, establece claramente as obrigacións en materia de Asilo dos 47 estados (todos os membros do Consello de Europa), que constantemente está a ser violado en todas as fronteiras exteriores da UE.

Por favor participa e difunde!!



      
 




martes, 27 de xuño de 2017

CONCERTO Commemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas- Santiago. 27 xullo

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela realizará hoxe este concerto xunto co cantautor  Emilio Rúa . Dirixirá Casiano Mouriño e  terá lugar na Praza das Praterías as 20:00h.

Antes do concerto falarán Miguel Fernandez convidado en representación do Foro Galego de Inmigración e Macamen Díaz convidada en representación da Rede galega en apoio çás persoas refuxiadas. Podes ler o noso manifesto aquí





xoves, 22 de xuño de 2017

A REDE GALEGA DE APOIO AS PERSOAS REFUXIADAS SOLICITA A RETIRADA DO PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS A UE


Os setenta colectivos que integran a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas manifestan a súa indignación polo otorgamento do Premio Princesa de Asturias da Concordia á Unión Europea e  esixe á Fundación que retire o Premio.


A Rede quere manifestar o seu apoio á Red Española de Inmigración y Ayuda al Refugiado, que xa formalmente pediu ao Principado de Asturias así como ao Concello de Oviedo que se posicione en contra da concesión de dito galardón, coa intención de sumar forzas de entidades e institucións políticas e sociais para solicitar a Fundación Princesa de Asturias que retire dito premio.


Unha Europa que prohíbe a entrada ás personas que migran fuxindo da guerra, e emprega contra elas todo tipo de represións intolerables. Soamente en 2016, según cifras oficiais, morreron 5.096 personas nas aguas do Mediterráneo, a maior fosa común do mundo na que nos últimos 15 anos perderon a vida máis de 25.000 persoas.
Ademáis considerase inadmisible tendo en conta a cercana experiencia coa incompetencia do Goberno Español para cumprir co ridículo acordo coa UE de acoller soamente 17.387 persoas refuxiadas, das que só chegaron 1304 persoas en case  2 anos dun total de 4,815,868 millones de refuxiad@s siri@s
Esta Rede tamén quere apoiar o manifesto da Coordinadora Estatal de ONGD con motivo do 20x-Dia Mundial do refuxiado , do que resaltamos o seguinte: 'No día de hoxe, 65 millóns de persoas víronse obrigadas a abandonar os seus fogares, a maior cifra dende a II Guerra Mundial; 20 millóns están en situación de fame extrema; máis de 30 conflitos se están a enquistar en distintos lugares do planeta; e o cambio climático está a acabar co medio no que viven centos de comunidades, coas súas colleitas, a súa auga e a súa vida.

As persoas que migran deixan atrás as súas vidas sen apenas garantías. Foxen de conflitos bélicos, de condicións de pobreza extrema e dun contexto no que se violan sistematicamente os seus dereitos humanos. Realidades nas que os países occidentais tiveron e teñen unha importante responsabilidade, por acción ou por omisión. Cando máis se necesita a paz, máis se alimenta a guerra. A industria das armas non para de crecer; as fronteiras quedaron en mans de empresas privadas; Trump presiona aos países da OTAN para que aumenten ata un 2% do seu PIB o gasto en defensa; e o goberno español aumenta nun 30% o orzamento de defensa.' documento completo aquí


contacto - rederefuxiadas@gmail.com  Teléfonos   638835372 Adrián – 662307019 Miguel

RECITAL POÉTICO- Coruña. 22-xuño-2017

O xoves 22, ás 19,30 está programado o recital poético con motivo da Exposición ' Eclipse Sirio' do artista sirio Ali Ali.
Terá lugar na sala municipal de exposicións PALEXCO. Avad Asociación da Prensa s/n. A Coruña.

Presentará e conducirá Teresa Seara. . Considerouse, cando o pensamos, que o número de voces tiña o seu valor neste acto, porque expresaba o sentir máis amplo e plural da cidade para con quen padece a guerra.

GRAZAS POR PARTICIPAR CON NÓS NO DIA D@S REFUXIAD@S

Desde a Rede galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas queremos agradecer a tod@s os que participáchedes con nós nas novilizacións do 20x.
Aquí destacamos algunhas fotos da concentración galega centrada en Santiago de Compostela e un estupendo video da travesía marítima de Vigo organizada por Acción directa Refugiados.

SANTIAGO


 

VIGO
ENLACE AO VIDEO 



 


 

PROXECCIÓN DOCUMENTAL- MORRER DE VAGAR. Ferrol 30 xuño

A Fundaçom Artábria proxectará o documental 'Morrer de vagar' de Irene Pin e Bego Fernández, o acto vai ter lugar na Travessa de Batalhóns nº7. Esteiro.Ferrol.
Máis información
enlace á sua web
no mail - correiodeartabria@gmail.com
no teléfono-981 35 29 86

venres, 16 de xuño de 2017

MOVILIZACIÓNS DIA MUNDIAL D@ REFUXIAD@- 20 XUÑO

Desde a Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas estamos a convocar movilizacións en toda Galicia para conmemorar o próximo 20 de xuño- DIA MUNDIAL D@ REFUXIAD@,  entre as actividades organizadas polos colectivos que pertencen á Rede  temos:

A CORUÑA-
15-18 xuño- ACAMPA . simbólico “campo de persoas refuxiadas”. Durante estos días haberá charlas, concertos, exposicions, poesía...coa participación de moitas entidades e persoas recoñecidas.
programa aquí

SANTIAGO 
16 xuño-compostela solidaria actividades relacionadas aquí
20 xuño- 20h. Concentración praza no Toural

VIGO
20 xuño-20:45h Estación marítima. Porto de Vigo. Collemos o barco ás 21:00 no porto turco de Vigo e chegaremos ao porto grego de Cangas. Se ti tamén crees que outra realidad é posible, embárcate con nós! Nos encontraremos ás 20:45 na estación marítima e nos recoñeceremos por algún complemento... unha palestina, un pañuelo ou fular...Se vives en Turquía súmate, se vives en Grecia ven a recibirnos e se te gusta comparte!!!A volta ás 22:00 está asegurada. Organiza Acción Directa Refuxiado máis info e contacto



Ademáis incluimos a información sobre outras movilizacións no resto de España:

ARAGÓN
En Zaragoza xuntáronse casi todas as plataformas, entidades e colectivos que abordan o tema de refuxio aquí ou alá, de asistencia ou de denuncia, e van a facer a tarde do 20x uhna cadena humana entre as pontes do Ebro. O lema: Derribemos muros, construyamos puentes. Se están recollendo adhesions de entidades ao manifesto e á movilización .información aquí

Os días previos faránse diversas accions de calentamiento (performance, mesas informativas…). E por último queren hacer unha declaración institucional que se mandará ás institucions para que a suscriban.

 En Huesca están facendo de maneira periódica todos os martes concentracions contra a guerra y polas persoas refuxiadas. info aquí


ASTURIAS
A plataforma ciudadana ACOGER YE NATURAL  vaI levar a cabo estas accions:


10 de xuño de 19 a 23 h.
 Xornada de sensibilizacion. Oviedo (música, proyecciones, diálogos, reivindicación, ...) 
Aquí podédes ver as fotos da mesma acción que se fixo en Gijon en abril: fotos acogeryenatural
Ademais se realizara otra xornada en Llanes ou Cangas de Onis (por determinar) o dia 3 de xuño



17 de xuño18 h.
Manifestacion en Gijón 
Por otro lado xunto co Ayuntamiento de Oviedo van a realizar varias accions en torno a VENID YA, complementando las accions que van a levar a cabo ACCEM 


19 de xuño 11:00 h.
 Rolda de prensa presentación actividades e iniciativa VenidYA.
Durante todos estes días se disporá dun libro de firmas para que quen quera poida escribir mensaxes 



20 de xuño
11:30 h. Acto Institucional. Auditorio Principe Felipe
 



22 de xuño Auditorio Principe Felipe
18:00 h. Presentación del cómic “La Grieta”, a cargo de sus autores, Guillermo Abril y Carlos Spottorno.

Plaza del Ayuntamiento 
21:00 h. Intervención en las fachadas situadas frente al Ayuntamiento, consistente en proyectar tanto imágenes como el contador de la Campaña “VenidYa” 

Mesas informativas y libro de firmas



BALEARES- pendente de confirmar.Plataforma Mallorca Acull
CANARIAS- pendente de confirmar.Lidera CEAR
CANTABRIA-pendente de confirmar. Pasaje Seguro. Actividades en Santander
CASTILLA -LA MANCHA- pendente de confirmar

CASTILLA Y LEON
En Valladolid el 'Colectivo Indignado' está organizando algunas actividades de cara al día 20, a las que se adhieren otras entidades. El 16 de junio harán un Círculo de Silencio recordando el 20x

CATALUÑA Casa nostra, casa vostra y Veniu Ja. Pendente de confirmar actividades

COMUNIDAD DE MADRID
Movilización el día 17 de junio, por la tarde, que se está organizando desde el espacio Refugio por Derecho Madrid - en el que participa la Red ONGD Madrid -, y con otras plataformas que están trabajando en temas de refugio.

 Recientemente se ha puesto en marcha la iniciativa “Municipios Madrileños Comprometidos con el Refugio”. El pasado 9 de mayo se celebró una jornada de trabajo con técnicos y técnicas de diversos ayuntamientos madrileños. En la página web de la Red podéis ampliar la información.

EUSKADI
Araba: junto a Plataforma Gasteiz Irekia a favor de las personas refugiadas el 17 junio en Plaza Correos concentración y actividades varias de sensibilización. Gipuzkoa: Desde Amnistia Internacional y Ongi Etorri Errefuxiatuak Gipuzkoa se va a realizar una acción en la playa de la Concha el día 20 de junio. 

EXTREMADURA-pendente de confirmar
LA RIOJA-pendente de confirmar

MURCIA
Dentro del paraguas de Venid Ya: colocar sillas vacías con nombres de refugiados,.Manifestación pendente de confirmar

NAVARRA
Desde la Iniciativa Ciudades de Acogida se están preparando varias acciones pero todavía no están confirmadas:
- Concentración día 20 de junio
- Presentación del documento para los ayuntamientos de compromiso de los mismos
- Plantear que en la fachada del ayuntamiento de Pamplona se ponga el marcador
- Pendente de confirmar un  acto de bienvenida a las personas que han llegado.

 Se apoya y participa en la Caravana

PAÍS VALENCIÁ
.
12 de junio CEAR: Concierto en Cullera

20 de junio CEAR: presentacion del informe de CEAR
22 de junio:
17 de junio Concierto solidario

"Valencia Acampa, queremos acoger ya!":
el día 17 na manifestación-performance que recorrerá toda Valencia desde la Malvarosa hasta el centro, realizando el recorrido en etapas y representando la odisea de las personas que intentan llegar a Europa en busca de protección internacional.

18 de junio "Valencia Acampa, queremos acoger ya!": talleres, charlas, conciertos