domingo, 16 de xuño de 2019

I ENCONTRO COAS FAMILIAS REFUXIADAS- 8 xullo -TAPIA ( Concello de Ames)


Asociación de Sirios en Galicia junto coa Asociación Vivo en Ames organizaron o I ENCONTRO COAS FAMILIAS REFUXIADAS en Galicia.

Organizouse a Festa do final do Ramadán ou Eid Firt Said xunto coas familias sirias que veñen xunto a nós dende Lugo da man da ong Diaconía.
O evento foi aberto a todas as persoas que quixeron  achegarse a participar con eles da sua celebración.
Celebrouse na praia fluvial de Tapia desde as 12 da mañá,  con xogos infantils,paiasos,conta contos,música...

noraboa por esta estupenda iniciativa!






CIRCULO DO SILENCIO- 7 XULLO. Santiago de Compostela



Como cada  primeiro noves do mes , quedamos na Praza de Cervantes as 20:00h para lembrar as máis de 35.000 pessoas mortas no Mediterráneo , para chamar a atención sobre como as políticas migratorias de España e a UE seguem violando os Direitos Humanos e a lexislación Internacional, segue matando persoas.


Os Círculos de Silencio comenzaron en Toulouse a finas de 2007 e actualmente reúnen en Francia a unhas 10.000 persoas de distinta procedencia, en máis de 170 cidades unha vez ao mes. Os círculos pretenden reimplementar unha cultura nonviolenta a través dunha acción accesible a todo o mundo, nunha actitud de respeto frente ao que sufre, e coa mirada en minar o apoyo da sociedad a estas leis inxustas.
Se convoca a todas aquelas persoas que ven a necesidades de unirse para enfrentarse a unhas leis que están machacando a dignidade das personas inmigrantes.
Más información sobre os Círculos do Silencio aquí

"PERSOAS" EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os desprazamentos involuntarios da poboación son o exixo condutor da estupenda exposición xa inaugurada en Fonseca. Tratase de fotografías tomadas por Patricia Muñiz e Gabriel Tizón nos últimos quince anos en viaxes que fiestas por Europa, África y Asia. Poderá visitarse ata o 13 de xullo.


más información sobre a expo e a fotografía de Gabriel Tizón aquí

domingo, 26 de maio de 2019

O NOSO VOTO É IMPORTANTE- REFLEXIONEMOS NO 26M

Desde a Rederefuxiadas queremos invitar a reflexión antes de votar hoce aos nosos parlamentarios e parlamentarias da UE.
Queremos lembrar que Europa leva tres anos VIOLANDO:

- A Carta Internacional dos Dereitos Humanos, 
- A Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, 
- A Convención Europea sobre Dereitos Humanos e 
- A Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como 
-  Diversas directivas de asilo europeas.


Aquí tedes a comparativa dos programas electoras feito por CEAR, a COMISIÓN ESPAÑOLA DE AYUDA AL REFUGIADO- LEER O INFORME COMPLETO AQUÍ




aqui redes un cuadro comparativo dos detalles :





Lembramos  O NOSO MANIFESTO do 26 FEB, no aniversario do peche de fronteiras:
Os setenta colectivos que integran a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas esiximos que España deixe de violar os Dereitos Humanos e de incumprir a lexislación internacional.continuamos coa campaña 'Non no noso nome', coa seguridade de que esta terrible situación soamente cambiará cunha presión social que obrigue ao Goberno a tomar medidas inmediatas en materia de acollida e a cambiar a lexislación.

España está violando a Carta Internacional dos Dereitos Humanos, a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a Convención Europea sobre Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como diversas directivas de asilo europeas.
Temos tamén que recordar que Europa, ao incumprir o artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, negando o dereito ao asilo/refuxio, e prohibindo a entrada ás persoas que migran fuxindo da guerra, conseguiu facer do Mediterráneo a maior foxa común do mundo, na que xa perderon a vida máis de 25.000 persoas.

Pedimos tamén a dimisión do Ministro do Interior  pola incompetencia do Goberno Español para cumprir o ridículo acordo coa UE de acoller soamente a 17.387 persoas, das que en 3 anos anos soamente chegaron 2.431 dun total de 4.815.868 só de refuxiados sirios.
Consideramos tamén importante resaltar o inadmisible papel de España incumplindo tamén da lei dentro das nosas fronteiras: O internamento ilegal de migrantes en cárceres, CIES onde se violan sistemáticamente os seus dereitos máis básicos. As devolucións en quente contra as que xa dictou sentencia o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ,confirmando xa o pasado més de Outubro que as expulsións inmediatas levadas a cabo en Melilla violan o Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.

Solicitamos o inmediato levantamento das fronteiras interiores, que día a día pon trabas violando os dereitos básicos dos nenos cando lles negamos acceso as axudas que necesitan para a súa escolarización, ou cando discriminamos aos migrantes do sistema sanitario, con numerosos casos nos que se lles negou a asistencia de maneira ilegal, pois lembremos que os nenos , as embarazadas e nas urxencias teñen dereito por lei.
É totalmente inadmisible que exisamos que unha persoa migrante teña soamente un mes de prazo para regularizar administrativamente a súa situación desde que cruza a fronteira, e a lista de espera para poder formalizar os papeis sexa na actualidade de un mes e quince días. Exiximos que se tomen medidas inmediatas por parte da Xunta de Galicia e por parte do Goberno de España para que se deixe de incumplir a lei no noso nome.

Queremos agradecer o apoio nesta concentración de Amnistía Internacional, do seminario Galego de Educación para a Paz, Médicos do Mundo , de Somos Refuxio do Barbanza e das Marchas da Dignidade.
Pedimos a participación activa de toda a sociedade dándolle difusión a esta terrible realidade, apoiando as campañas de sinaturas on line e asistindo ás mobilizacións e concentracións.

'NON NO NOSO NOME '!!!

venres, 24 de maio de 2019

CONCLUSIÓNS- MESA REDONDA CAMPAÑA ELECTORAL -SANTIAGO

MESA REDONDA DA REDE NA CAMPAÑA ELECTOITORAL MUNICIPAL 2019
O martes 7 de maio o colectivo "A Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas" convocou aos partidos que se presentan á alcaldía de Santiago de Compostela a ter unha mesa redonda para que expusieran o seu programa en relación ás persoas migrantes/refuxiadas.

Con algún partido non foi posible contactar,  acudiron Alejandro Sánchez-Brunete (PP),Concepción Fernández (CA), Milagros Castro(PSdeG), Navia Rivas (BNG) y Xavier Salgado (CxG).



Alejandro S-B. manifestou con sencillez que non era un tema sobre o que tivera moito coñecemento e destacou a visión de ir a unha política común europea.

Concha F. destacou, a aprobación de mocións,  diversos actos culturais, apoio a colectivos  de denuncia e que están a traballar con estes colectivos. Asegura que o concello non ten forza para mover os marcos normativos ao respecto, que non hai líneas de financiación.

Milagros C. asegurou que para favorecer o tema de la vivenda, se era elexido o PSdeG, apoiaría que  o  concello figurara como aval para o alquiler.

Navia R, destacou que era importante falar das causas que obligan a estas persoas a ter que emigrar e que sempre é posible ir ensanchando a mirada e abrir novas posibilidades.

Xavier S. fixo mención específica sobre os menores tutelados e a situación de desprotección en que atopánse o cumprir os 18 años. Tamén plantexaba a posibilidades de crear una red de concellos para buscar salias.    


                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                Desde A Rede Galega de Apoio as Persoas Refuxiadas queremos agradecer a presencia e participación de todos.
            Nós seguiremos traballando para que Santiago de Compostela sexa, de forma real, unha cidade de acollida para as persoas que se ven forzadas a marchar da sua terra en búsqueda dunha vida digna.
            Estaremos pendentes das actuacións e medidas que leve a cabo, o no, o noso concello a partir do 26 de mayo.

martes, 7 de maio de 2019

xornada COMPOSTELA, ¿CIDADE DE ACOLLIDA?- SANTIAGO 7 MAIO



A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas Convoca Encontro Público cos representantes dos grupos políticos que se presentan ás eleccións municipais en Compostela

Martes 7 de maio ás 19:00 h no Centro Sociocultural do Ensanche
A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, promove un Encontro Público aberto ao conxunto da cidadanía cos representantes dos grupos políticos que se presentan ás eleccións muncipais en Santiago de Compostela , o MARTES DÍA 7 DE MAIO ÁS 19:00 H NO CENTROS SOCIOCULTURAL DO ENSANCHE (Rúa de Frei Rosendo Salvado nº 16) para presentar e debatir as medidas políticas que a nivel local propoñen en relación coas persoas migrantes e refuxiadas.
Estaban convidadas a participar no mesmo ás persoas candidatas á alcadía ou os seus representantes de Compostela Aberta. PPdG, PSdG-PSOE, BNG, CxG, Cidadáns e Vox.

Temos confirmada a participación de: Concha Fernández (CA), PPdG (persoa por determinar), Milagros Castro (PSdG-PSOE), Navía Rivas (BNG),  Xabier Salgado CxG

A dinámica proposta será unha breve exposición de 5/7 minutos inicial por participante e despois as persoas que se acheguen ao Encontro nun formato libre poderán facer as súas preguntas, aportacións ou suxestións.


martes, 26 de marzo de 2019

RECOLLIDA DE ALIMENTOS -Acción Directa Sierra Norte

Campaña de recollida de alimentos, esta é a mensaxe que nos remiten:

Buenos dias , soy Julio, el cocinero y presidente de la asociacion Accion Directa Sierra NORTE , nos preguntamos si estariais dispuestos a echarnos una mano con la alimentacion .
LLevamos ya dos años trabajando en Grecia dando de comer a los refugiados , el 2017 en la zona de Tesalonica , y acabamos de cumplir otro año en Lesvos con nuestra panaderia de pan arabe y nuestro proyecto Movil Kitchen , hacemos y distribuimos 300 raciones diarias y 600 panes arabes , adenas de 200 desayunos con bizcocho , rosquillas o arroz con leche en nuestro local , añadimos alimentacion infantil y algo de comida seca (arroz , pasta , cousu cous ) de rápida coccion ( no tiene cocina en sus tiendas y han e cocinar con pequeñas fogatas )si quereis podeis echar un vistazo en Fb Accion Directa Sierra NORTE o en Proyecto Movil Kitchen y veis la tarea que vamos haciendo.



contacto directo aquí
máis info aquí

ACOLLIDA E REFUXIO: É DE DEREITO, É DE XUSTIZA. Santiago. 26 de Marzo


BRASIL" REFUXIADOS NO SEU PROPIO PAÍS"- Coruña 26 Marzo


A conferencia de Sorrentino, titulada 
"Brasil, compromiso coas poboacións en situación de vulnerabilidade",
terá lugar o martes 26, ás 19:30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras,12).

O COORDINADOR DE ACAMPA BRASIL, MARCOS SORRENTINO, ANALIZA NA CORUÑA A AUSENCIA DE DEREITOS HUMANOS E A VULNERABILIDADE QUE ACUSAN SECTORES ENTEIROS DA POBOACIÓN

Coordinada por Acampa pola paz e o dereito a refuxio, a intervención na Casares Quiroga do profesor da Universidade de Sao Paulo e coordinador do Laboratorio de Educación e Política Ambiental (OCA), abordará polo miúdo a situación dos dereitos á paz e a refuxio no Brasil, dende as causas da vulnerabilidade que acusan poboacións enteiras –“refuxiados no seu propio país”, nas palabras do conferenciante- ata unha proposta concreta para afrontalas: “por unha nova cultura da Terra, da terra e do territorio” 

A Coruña, 25 de marzo de 2019.- Acampa pola paz e o dereito a refuxio coordina a conferencia que o impulsor deste movemento en Brasil, Marcos Sorrentino, profesor universitario e un dos responsables do prestixioso Laboratorio de Educación e Política Ambiental (OCA) de Sao Paulo, imparte mañá martes, día 26, ás 19:30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. Marcos Sorrentino é un vello coñecido dos coruñeses e as coruñesas grazas á súa participación como poñente convidado da segunda edición de Acampa (A Coruña, 2018), que tivo o cambio climático como eixe e fío condutor.

Titulada “"Brasil, compromiso coas poboacións en situación de vulnerabilidade"”, a charla de Sorrentino centrarase no análise da situación dos dereitos á paz e a refuxio no Brasil, con especial atención á situación de indefensión e ausencia de dereitos humanos que acusan sectores enteiros da poboación, aos que o coordinador de Acampa Brasil non dubida en denominar “refuxiados no seu propio país”. O profesor expoñerá asemade a súa visión sobre cales son as causas desa vulnerabilidade antes de pasar a ofrecer algunhas claves para ver de poñerlle fin, coa esperanza de acadar unha “nova cultura da Terra, da terra e do territorio”.

xoves, 7 de marzo de 2019

CIRCULO DE SILENCIO - 7 MARZO . SANTIAGO

Hoxe ás 20:00h terá lugar en Compostela o Círculo de Silencio. Convocado na Praza de Cervantes, o obxectivo é realizar unha concentración silenciosa e pacífica de 20 minutos, que servirá de recordatorio e denuncia dos mortos que está provocando a actual política de migración e refuxio.

Numerosos colectivos e ONGs súmanse a esta exitosa iniciativa promovida pola Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas, e que este mes vai ser introducida por Médicos do Mundo.

Os Círculos de Silencio é unha acción internacional que comezou en Toulousse da man dos Franciscanos. Realízase en moitos países e en distintos puntos de España. Faise todos os meses o mesmo día e á mesma hora.
Desde Rederefuxiadas destácase a importancia desta denuncia pacífica, xa que España e a UE están violando os Dereitos Humanos nas nosas fronteiras, e a ONU condenou a España este Febreiro por violar a Convención sobre os Dereitos do neno, que foi ratificada por 195 países.

Este mes quérese destacar dun modo especial a situación de dobre discriminación que sofren os nenos e nenas, así como as mulleres migrantes e refuxiadas. Ás cifras de mortos no mar, máis de 15.000 nos últimos anos segundo OIM ( organismo de Nacións Unidas para as migraciones), hai que sumar as que se producen nos desertos de África e Oriente Próximo (antes de chegar ás costas próximas a Europa), e as que se están producindo nos mesmos campos de refuxiados, por fame e frío.