Desde a Rederefuxiadas queremos invitar a reflexión antes de votar hoce aos nosos parlamentarios e parlamentarias da UE.
Queremos lembrar que Europa leva tres anos VIOLANDO:
- A Carta Internacional dos Dereitos Humanos,
- A Carta dos Dereitos Fundamentais da UE,
- A Convención Europea sobre Dereitos Humanos e
- A Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como
- Diversas directivas de asilo europeas.
Queremos lembrar que Europa leva tres anos VIOLANDO:
- A Carta Internacional dos Dereitos Humanos,
- A Carta dos Dereitos Fundamentais da UE,
- A Convención Europea sobre Dereitos Humanos e
- A Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como
- Diversas directivas de asilo europeas.
Aquí tedes a comparativa dos programas electoras feito por CEAR, a COMISIÓN ESPAÑOLA DE AYUDA AL REFUGIADO- LEER O INFORME COMPLETO AQUÍ
aqui redes un cuadro comparativo dos detalles :
Lembramos O NOSO MANIFESTO do 26 FEB, no aniversario do peche de fronteiras:
Os setenta colectivos que integran a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas esiximos que España deixe de violar os Dereitos Humanos e de incumprir a lexislación internacional.continuamos coa campaña 'Non no noso nome', coa seguridade de que esta terrible situación soamente cambiará cunha presión social que obrigue ao Goberno a tomar medidas inmediatas en materia de acollida e a cambiar a lexislación.
España está violando a Carta Internacional dos Dereitos Humanos, a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a Convención Europea sobre Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como diversas directivas de asilo europeas.
Temos tamén que recordar que Europa, ao incumprir o artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, negando o dereito ao asilo/refuxio, e prohibindo a entrada ás persoas que migran fuxindo da guerra, conseguiu facer do Mediterráneo a maior foxa común do mundo, na que xa perderon a vida máis de 25.000 persoas.
Pedimos tamén a dimisión do Ministro do Interior pola incompetencia do Goberno Español para cumprir o ridículo acordo coa UE de acoller soamente a 17.387 persoas, das que en 3 anos anos soamente chegaron 2.431 dun total de 4.815.868 só de refuxiados sirios.
Consideramos tamén importante resaltar o inadmisible papel de España incumplindo tamén da lei dentro das nosas fronteiras: O internamento ilegal de migrantes en cárceres, CIES onde se violan sistemáticamente os seus dereitos máis básicos. As devolucións en quente contra as que xa dictou sentencia o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ,confirmando xa o pasado més de Outubro que as expulsións inmediatas levadas a cabo en Melilla violan o Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.
Solicitamos o inmediato levantamento das fronteiras interiores, que día a día pon trabas violando os dereitos básicos dos nenos cando lles negamos acceso as axudas que necesitan para a súa escolarización, ou cando discriminamos aos migrantes do sistema sanitario, con numerosos casos nos que se lles negou a asistencia de maneira ilegal, pois lembremos que os nenos , as embarazadas e nas urxencias teñen dereito por lei.
É totalmente inadmisible que exisamos que unha persoa migrante teña soamente un mes de prazo para regularizar administrativamente a súa situación desde que cruza a fronteira, e a lista de espera para poder formalizar os papeis sexa na actualidade de un mes e quince días. Exiximos que se tomen medidas inmediatas por parte da Xunta de Galicia e por parte do Goberno de España para que se deixe de incumplir a lei no noso nome.
Queremos agradecer o apoio nesta concentración de Amnistía Internacional, do seminario Galego de Educación para a Paz, Médicos do Mundo , de Somos Refuxio do Barbanza e das Marchas da Dignidade.
Pedimos a participación activa de toda a sociedade dándolle difusión a esta terrible realidade, apoiando as campañas de sinaturas on line e asistindo ás mobilizacións e concentracións.
'NON NO NOSO NOME '!!!